O asedio de Lovech (búlgaro: Обсада на Ловеч, romanizado: Obsada na Lovech) tivo lugar na primavera de 1187 entre as forzas de Bulgaria e o Imperio Bizantino. O sitio, que se prolongou durante tres meses, resultou en vitoria búlgara.

Asedio de Lovech




Plano da fortaleza de Lovech.
Data Primavera de 1187
Localición
Resultado Vitoria búlgara
Belligerents

Imperio Búlgaro

Imperio Bizantino
Comandantes e líderes
Descoñecido

Isaac II Anxo

Orixes do conflito editar

En 1185, os irmáns Asen e Peter liderou unha sublevación contra o bizantinos para restaurar o Imperio Búlgaro. A rexión enteira de Moesia, exceptuando Varna, foi rapidamente liberada e os irmáns comenzaron a atacar as gornicións bizantinas ao sur dos Montes Balcáns. A táctica búlgara incluía movementos e asaltos rápidos, polo que os bizantinos eran incapaces de alcanzalos.

Para revertir a situación, o emperador bizantino, Isaac II Anxo, decidiu trasladar o escenario de guerra ó norte de Bulgaria, directamente ao núcleo do poder rebelde arredor de Tarnovo.

O asedio editar

A finais do outono de 1186 o exército bizantino marchou cara ao norte por Sredets (actual Sofía) nunha campaña proxectada para sorprender os búlgaros. Porén, as duras condicións meteorolóxicas e a pronta chegada do inverno obrigaron aos bizantinos a aprazaren as operacións, e o seu exército tivo que ficar en Sredets durante todo o inverno.

Na primavera do ano seguinte a campaña foi reanudada, mais o elemento sorpresa estaba xa perdido e os búlgaros tomaran medidas para bloquexar o camiño á súa capital, Tarnovo. Porén, os bizantinos asediaron a fortaleza de Lovech. O asedio durou tres meses, e resultou nun completo fracaso. O único éxito que os bizantinos acadaron durante o mesmo foi a captura da muller de Asen nunha emboscada, mais Isaac foi forzado a aceptar unha tregua, recoñecendo así de facto a restauración do Imperio búlgaro.

Consecuencias editar

Segundo o tratado, o máis novo dos irmáns de Asen, Kaloyan, foi enviado coma refén a Constantinopla para garantir a paz, mentres que a muller de Asen foi liberada. Emporiso, o historiador Nicetas Coniates anotou que a situación devira mesmo máis complicadao para oos bizantinos porque pouco despois os búlgaros de Macedonia rebeláronse so o comando de Dobromir Crysós.

A paz durou até 1189, cando a causa da intención dos búlgaros de apoiaren a Terceira Cruzada contra os bizantinos, Isaac II Anxo lanzou outra campaña e sofreu unha gran derrota na Batalla de Triavna.

Fontes editar

  • Йордан Андреев, Милчо Лалков, Българските ханове и царе, Велико Търново, 1996.