Sismundi, Cariño

parroquia civil do concello de Cariño

Santo Estevo de Sismundi é unha parroquia do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 119 habitantes (65 mulleres e 54 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.

Sismundi
Igrexa de Santo Estevo de Sismundi
ConcelloCariño[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°42′28″N 7°52′33″O / 43.7078, -7.8757
Poboación110 hab. (2017)
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Sismundi está situada á beira da ría nas vertentes da Miranda de onde baixan os regatos Chancela e Muíños que atravesan esta parroquia. Limita ao norte coa parroquia da Pedra dende o regato Richoz na enseada da Caleira até a Fonte da Miranda e a Pena do Fraile. Polo leste linda coa Ría de Ortigueira dende o anterior regato até a Pena da Corveira. Polo sur linda coa parroquia de Landoi dende a anterior pena o límite vai cara ao oeste pola Croa do Sisto, no chao de Liñares, e polo oeste o linde tamén é coa parroquia de Landoi separada polo camiño que vai dende o Chao de Liñares até a Pena do Fraile da Miranda.

A estrada de Mera a Cariño atravesa a parroquia pola Cruz do Meixón. Desta mesma estrada, no lugar de Soutochao, parte un ramal que remata na ría cunha pequena rampla embarcadoiro.

Patrimonio

editar

A igrexa parroquial, na honra de Santo Estevo, está erguida no lugar da Garita. Ten unha soa planta e un pequeno altar lateral gótico. Unida a igrexa hai unha pequena capela coa seguinte inscrición:

Año de 1708 siendo pontifice Clemente XI y rey D Felipe V fundaron esta capilla de Nra S de la Purificacion el Ldo D Ju Lopez de Sapo y Armada abogado en el tribunal de este reino y su muger Da Maria Bentura Diaz de Robles Gusman y Villar difunta

Dende o embarcadoiro dos Muíños saían hai tempo as lanchas de pasaxe cara a outro embarcadoiro que hai mesmo en fronte, na Punta de Cabalar, no concello de Ortigueira. Desta actividade de pasaxe viña o antigo nome da parroquia, San Esteban de la Pasaje. Tamén se levaban a cabo aquí traballos de reparación nos barcos de pesca a mediados de 1900 de cando a frenética actividade pesqueira na comarca.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Sismundi

editar
Lugares da parroquia de Sismundi no concello coruñes de Cariño

O Areado | O Calvario | O Carballo | A Cruz do Meixón | A Felgueira | A Garita | A Lama | Marrocos | Oural | O Pazo | A Punta | Reboredo | O Regueiriño | O Souto Chao | Vimbieiro

Parroquias de Cariño

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cariño

Cariño (San Bartolomeu) | Feás (San Pedro) | Landoi (Santiago) | A Pedra (Santa María) | Sismundi (Santo Estevo)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar