Cariño, Cariño

parroquia civil do concello de Cariño

San Bartolomeu de Cariño[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 3.127 habitantes (1.593 mulleres e 1.534 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 3.514 habitantes.

Cariño
Vista da vila e do porto.
ConcelloCariño[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°44′30″N 7°52′09″O / 43.7416, -7.8693
Poboación2.758 hab. (2017)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Cariño está situada no somonte que forman a Punta dos Aguillóns e máis a Punta do Limo no extremo do crebado Cabo Ortegal. Confina ao sur coa parroquia da Pedra. Dende o lugar dos Pedrouzos na mesma praia, sobe a divisoria polo camiño que separa os lugares de Vilar e Cariño de Arriba dos de Airado na parroquia da Pedra até o alto do Faroleiro e vixía do Limo, e dende aquí descende ao mar, que de forma espectacular define os restantes lindes desta parroquia.

A estrada de Mera a Cariño remata no mesmo porto e dende aquí sae outra secundaria que nos leva até a mesma Punta dos Aguillóns ou do Cabo, pasando por San Xiao do Trebo. A altura máis importante da parroquia é o monte do Limo que ten 558 metros.

Historia

editar

Dado o auxe do núcleo urbano situado no porto de Cariño, no ano 1896 creouse a parroquia, segregándose os seus lugares da da Pedra.[2]

Patrimonio

editar

A igrexa parroquial, na honra de San Bartolomeu, é de construción moderna e planta de cruz latina cunha soa nave e un campanario cadrado. Érguese no centro da vila na rúa San Xosé. A zona vella da vila correspóndese co que foi unha antiga vila de pescadores, con rúas estreitas e empinadas que descenden cara á praia dende o pequeno alto do Castrillón, onde houbo antigamente unha garita de vixilancia artillada. A vila nova érguese ao longo da estrada que chega dende Mera para enlazar coa AC-862 ou Estrada da Costa.

Na actualidade está consolidado como importante porto pesqueiro e tamén de carga de mineral procedente das minas de serpentinita e de seixo das parroquias de Landoi e A Pedra. No lugar de San Xiao existe unha pequena capela na que se celebra unha romaría o derradeiro sábado de xaneiro.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Cariño

editar
Lugares da parroquia de Cariño no concello coruñes de Cariño

Cariño | Cariño de Arriba | San Xiao | A Vacariza

Parroquias de Cariño

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cariño

Cariño (San Bartolomeu) | Feás (San Pedro) | Landoi (Santiago) | A Pedra (Santa María) | Sismundi (Santo Estevo)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar