Abrir o menú principal

Sisenando Martínez Gil

cirurxián e militar galego

Sisenando Martínez Gil, nado na Coruña o 3 de xuño de 1917 e finado na mesma cidade o 22 de febreiro de 2004,[1][2] foi un cirurxián e militar galego.

Sisenando Martínez Gil
Nacemento3 de xuño de 1917
 A Coruña
Falecemento22 de febreiro de 2004
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncirurxián e militar
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era fillo de Sisenando Martínez Yunta, alcalde franquista da Coruña entre 1937 e 1939, e de María Gil Galán. En 1933 ingresou na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, onde se licenciaría en 1943.

Durante a Guerra civil española serviu no acoirazado España como mariñeiro voluntario, máis tarde no exército de Terra, onde sería ascendido a tenente. En 1943, xa médico, entrou a traballar na sanidade militar, no Rexemento de Cabalaría número 13, en Lugo, e despois no de Infantaría número 19, en Caspe e Marrocos. En 1946 ascendeu a capitán e foi designado director da Clínica Militar de Barbastro. En 1950 foi destinado ao Hospital Militar de Villa Sanjurjo (Alhucemas) e 1952 entrou como xefe do servizo de cirurxía do Hospital Militar da Coruña. Acadou así mesmo unha praza de cirurxián na Seguridade Social. En 1980 ascendeu a xeneral subinspector médico, na IV Rexión Militar, en Barcelona. Pasou ao retiro en 1987.

Vida privadaEditar

En 1956 casou con Esther de la Colina Unda e tivo cinco fillos (Juan, Esteban, Manuel, María e Sisenando).

NotasEditar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-2-2004, p. 60.
  2. Sisenando Martínez Gil en geni.com (en castelán).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar