Sinus Aestuum
Sinus Aestuum é unha baía lunar, máis precisamente, unha formación basáltica de estrutura similar a un mare que se atopa na área central da cara visible da Lúa. O seu nome significa en latín «baía ardente». Foi chamada así polo astrónomo Giovanni Riccioli (1598-1671), denominación que foi aceptada oficialmente pola Unión Astronómica Internacional en 1935.[1]
Sinus Aestuum | |
---|---|
Datos xerais | |
Tipo | sinus (en) |
Corpo astronómico | Lúa |
Datos xeográficos | |
Coordenadas | 12°06′N 8°20′O / 12.1, -8.34 |
Cuadrángulo | LQ11 (en) |
Localización | |
mapa non dispoñible: lúa | |
Identificadores | |
GoPN | 5558 |
Características da formación
editarA superficie basáltica ten unha forma que se aproxima a un círculo de 316.5 quilómetros de diámetro. O centro de Sinus Aestuum está nas coordenadas selenográficas 12° norte e 8° oeste. Cara ao suroeste continúa nunha depresión do terreo de forma redondeada até o ecuador lunar. Esta extensión basáltica, de aspecto similar pero algo máis grande, considérase tamén parte integrante desta mesma formación nalgunhas cartas lunares. O enorme cráter Eratosthenes conforma o límite noroeste do Sinus Aestuum, mentres que os Montes Apenninus marcan o seu límite polo norte. Cara ao leste atópanse o Mare Vaporum e o Sinus Medii, e no sur elévase a montaña que rodea o Fra Mauro. No leste hai un relevo ondulado que marca a transición cara ao Mare Insularum. No bordo occidental (á beira de Eratosthenes) o magma alagou a antiga muralla do cráter Stadius transformándoo nun palimpsesto. Un pouco máis ao sur, o chan mostra unha coloración notoriamente máis escura. Nas inmediacións do cráter Gambart hai un domo de lava. Moi preto de alí produciuse o impacto da sonda lunar Surveyor 2 que en 1966 non logrou aluar correctamente e resultou completamente destruída.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Antonín Rükl: Mond, Mars, Venus. Taschenatlas der erdnächsten Himmelskörper. Artaria-Verlag, Praga 1977, páx. 138-141
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Referencia UAI do Sinus Aestuum
- LPI (Sinus Aestuum) Dixital Lunar Orbiter Photographic Atlas of the Moon
- The-moon.wikispaces.com: Sinus Aestuum Arquivado 28 de agosto de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)