Cara visible da Lúa
A cara visible da Lúa é o hemisferio da Lúa que está permanentemente orientado cara á Terra, sendo o hemisferio oposto á cara oculta da Lúa. A razón pola cal desde a Terra só é visible esta cara da Lúa é debido a que a Lúa vira ao redor do seu eixo de rotación á mesma velocidade á cal orbita ao redor da Terra, o cal se coñece como rotación síncrona ou axuste de marea.
A Lúa está directamente iluminada polo Sol e debido á variación cíclica das condicións de observación desde a Terra ocorre o que se coñece como fases lunares. As partes non iluminadas da Lúa poden ás veces estar debilmente iluminadas debido ao brillo da Terra, que non é máis que a luz solar que ao reflectirse na superficie da Terra se proxecta sobre a Lúa. Dado que a órbita da Lúa é un pouco elíptica e está inclinada respecto do seu plano ecuatorial, as libracións permiten que até un 59% da superficie da Lúa poida verse desde a Terra (aínda que desde calquera punto da Terra en calquera momento só pode observarse a metade do satélite).
Nomenclatura
editarA cara visible da lúa está cuberta por grandes áreas escuras que os primeiros astrónomos que a cartografaron no século XVII (principalmente Giovanni Riccioli e Francesco Maria Grimaldi) pensaron que se trataban de mares.[1] A pesar de que posteriormente se descubriu que a lúa non tiña mares, o termo «mare» segue sendo utilizado. En contraposición, as rexións con cor máis clara son denominadas «terrae», máis comunmente referidas como terras altas.
Orientación
editarA imaxe da Lúa normalmente móstrase nos mapas co norte na parte superior e o oeste á esquerda. Con todo, os astrónomos normalmente viran o mapa colocando o sur na parte superior de forma que se corresponda coa imaxe vista na maioría dos telescopios, os cales mostran a imaxe invertida.
Hai que ter en conta que, na lúa, o leste e o oeste se atopan onde cabe esperalos se estivésemos de pé na lúa. Pero cando nós, desde a Terra, vemos a Lúa no ceo a dirección leste-oeste invértese. Para precisar unhas determinadas coordenadas sobre a Lúa deberíase, por tanto, mencionar sempre se se trata de coordenadas selenográficas ou de coordenadas astronómicas.
Notas
editar- ↑ "Luna: Las principales formaciones del relieve lunar". Gran Enciclopedia Larousse 14 (1ª ed.). Barcelona: Editorial Planeta. 1989. p. 6692. ISBN 8432073849.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Book: Craters of the Near Side Moon
- Lunar and Planetary Institute: Exploring the Moon
- Lunar and Planetary Institute: Lunar Atlases
- Ralph Aeschliman Planetary Cartography and Graphics: Lunar Maps Arquivado 29 de maio de 2015 en Wayback Machine.
- NASA’s Gravity Recovery and Interior Laboratory (GRAIL) Mission Arquivado 26 de novembro de 2022 en Wayback Machine.