Sinfonieta de Vigo

A Sinfonieta de Vigo é unha orquestra de pequeno tamaño da cidade de Vigo fundada no ano 2002.

Sinfonieta de Vigo
Data nacemento13 de xuño do 2002
Nado enVigo, Galiza
Ocupaciónorquestra sinfónica
Xéneromúsica académica
Tempo en activodende 2002
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A Sinfonieta de Vigo naceu no 2002 arroupada polo departamento de Obra Social de Caixanova e formada por uns trinta músicos entre profesores do conservatorio e alumnos de grao susperior baixo a batuta de Joám Trilho e Francisco Pérez. O 13 de xuño do 2002 tivo lugar a presentación da orquestra no Teatro García Barbón (Centro Cultural Caixanova) cun concerto no que a nova orquestra interpretou obras de Ottorino Respinghi, W.A. Mozart, Andrés Gaos e Emilio Lede.

O obxectivo inicial desta orquestra era o de evitar que os novos talentos formados na cidade olívica emigrasen a outras cidades para poder adicarse á música, xa que na cidade só existía unha orquestra, a Orquestra Clásica de Vigo, que non podía acoller a tódolos músicos que se formaban na comarca.[1]

O 19 de maio do 2005, promovido polo Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), a Sinfonieta de Vigo realizou a estrea mundial dunha sinfonía inédita de Andrés Gaos, a Sinfonía Nº 1 en La menor, cun dobre concerto en Vigo e Ourense baixo a dirección de Joám Trilho.[2] Para levar a cabo este concerto, o propio fillo do compositor coruñés, Andrés Gaos Guillochon, facilitoulle á orquestra olívica os manuscritos desta peza pertencente á primeira etapa do comositor.[3]

Notas editar