Silvina

(Redirección desde «Silvita»)

A silvina (tamén chamada silvita) é un mineral da clase dos haluros cuxa fórmula química é KCl. É pois, un mineral composto na súa totalidade por cloruro de potasio.

Silvina
Silvina alaranxada
Fórmula químicaKCl
ClaseHaluros
Sistema cristalinoCúbico
CorIncolora, branca, amarela, alaranxada e parda
BrilloDe vítreo a graxo
Dureza2
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta, en cubos
RaiaBranca
Densidade1,99 g/cm3

Aspecto editar

Coma a halita, a silvina cristaliza no sistema cúbico polo que adopta xeralmente forma cúbica, aída que adoita ser máis frecuente que se presente en masas incoloras ou diversamente coloreadas pola presenza de substancias estrañas.

Lugares onde se atopa editar

Acompaña á halita en moitos dos seus xacementos, en capas e bolsas dentro dela. Suria, Cardona e Sallent (en Barcelona) son lugares tipicamente ligados á silvina pola súa frecuente presenza.

Usos da silvina editar

A silvina é unha das fontes principais de compostos de potasio, empregados coma fertilizantes.

Propiedades editar

É soluble en auga e de sabor amargo.

Outros haluros editar

Outros haluros a destacar son a fluorita e a halita.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar