Silvio Piola
Silvio Piola, nado o 29 de setembro de 1913 en Robbino, Provincia de Pavia, e finado o 3 de outubro de 1992 en Gattinara foi un futbolista italiano que xogaba na demarcación de dianteiro. É o máximo anotador da Serie A italiana e o terceiro máximo goleador da historia da Selección de fútbol de Italia, con esta selección foi campión do Mundial de Fútbol Francia 1938, anotando dous goles na final.
Silvio Piola | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Silvio Piola | ||
Nacemento | 29 de setembro de 1913 | ||
Lugar de nacemento | Robbio | ||
Falecemento | 4 de outubro de 1996 | ||
Lugar de falecemento | Gattinara | ||
Altura | 1.78 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1925-1928 | Veloces 1925 | ||
1928-1929 | Pro Vercelli | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1929-1934 | Pro Vercelli | 127 | (51) |
1934-1943 | SS Lazio | 227 | (143) |
1944 | Torino FIAT | 23 | (27) |
1945-1947 | Juventus FC | 57 | (26) |
1947-1954 | Novara Calcio | 185 | (86) |
Total | 619 | (333) | |
Selección nacional | |||
1935–1952 | Selección de fútbol de Italia | 34 | (30) |
Adestrador | |||
1953-1954 | Selección de fútbol de Italia | ||
1954-1956 | Cagliari Calcio | ||
1957 | Cagliari Calcio | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Por algún é considerado o inventor da chilena, xunto con Carlo Parola.[1][Verificar credibilidade]
Traxectoria Editar
Como xogador Editar
Comezou xogando no Pro Vercelli, debutando co primeiro equipo o 16 de febreiro de 1930.
En 1934 foi traspasado ao SS Lazio, equipo no que militaría nove tempadas, anotando 143 goles e declarándose Capocannoniere (máximo goleador da Serie A) en dúas ocasións (1937 e 1943)
En 1944 fichou polo Torino FIAT, porén a competición foi interrompida pola segunda guerra mundial, o resto do ano xogaría no Novara Calcio pero en 1945 fichou polo Juventus FC. Militou no club turinés ata 1947 cando fichou polo Novara Calcio, onde se retirou despois de sete tempadas no club.
Coa selección Editar
Debutou coa Selección de fútbol de Italia no ano 1935 ante Austria, anotando tamén o seu primeiro tanto. Ao longo dos dezasete anos nos que foi convocado coa selección xogou un total de 34 encontros e anotou 30 goles, converténdose no terceiro máximo anotador do combinado.
Coa selección gañou o Mundial de Fútbol Francia 1938, anotando dous goles na final ante Hungría. Tamén gañou a Copa Internacional de Europa Central en 1935.
Finalmente o seu último encontro foi en 1952.
Como adestrador Editar
Comezou como adestrador pouco despois de colgar as botas, dirixindo á selección durante os anos 1953 e 1954, porén non chegaría a participar no Mundial de Fútbol Suíza 1954.
Despois dirixiría ao Cagliari Calcio en dúas etapas, 1955/56 e 1957.
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Artigo biográfico (en castelán)
- Estatísticas no Mundial de Fútbol de 1938 Arquivado 01 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)