Silvio Fernández y Rodríguez-Bastos

pintor español

Silvio Fernández y Rodríguez-Bastos, nado en Ribadavia en 1859 e finado en Ourense o 10 de novembro de 1937, foi un pintor galego.

Modelo:BiografíaSilvio Fernández y Rodríguez-Bastos
Biografía
Nacemento1859 Editar o valor en Wikidata
Ribadavia, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de novembro de 1937 Editar o valor en Wikidata (77/78 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAntonia Méndez Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGalería biográfica de artistas españoles del siglo XIX (1883-1884) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
A las fieras, 1887. En depósito en Granada.[1]

Iniciou a súa formación no Colexio dos Escolapios de Celanova.[2] Foi discípulo en Valladolid daquela Escola de Belas Artes e de José Martí y Monsó. En 1875 foi premiado en dita Academia polo seu cadro Mozo de cuerda, que se conservaba na mesma. Posteriormente seguiu os seus estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, en París, onde tomou clases durante tres anos con Léon Bonnat[3], e en Roma de 1882 a 1886, cunha bolsa da Deputación de Ourense.

 
O xantar, 1890, Museo de Pontevedra.[4]

En 1881 concorreu á Exposición Nacional co seu cadro Torquemada ante los Reyes Católicos, que eloxiou a prensa periódica.[5] Na de 1887 obtivo medalla de 3ª clase coa obra ¡A las fieras! (300x500cm), que representa o sacrificio dos primeiros cristiáns.[6] Á de 1890 acudiu co lenzo O xantar, de temática costumista.[4]

En 1897 casou en Ourense con Antonia Méndez.

Colaborou co movemento agrarista Acción Gallega,[7] intervindo nalgúns mitins.

Hai obra súa no Museo Provincial de Pontevedra, na Academia de Valladolid, na Colección Caixa Galicia,[3] no Carmen de los Mártires de Granada[1] e en coleccións particulares.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar