Silvânia Costa de Oliveira

velocista brasileira

Silvânia Costa de Oliveira, nada en Três Lagoas o 23 de maio de 1987, é unha atleta paralímpica brasileira con discapacidade visual.[1] Representou ao Brasil nos Xogos Paralímpicos de Verán 2016 en Río de Xaneiro e gañou a medalla de ouro na proba de salto de lonxitude feminino na categoría T11.

Infotaula de personaSilvânia Costa de Oliveira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de maio de 1987 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Três Lagoas, Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Altura174 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónvelocista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo paralímpico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
setembro de 2016Xogos Paralímpicos de 2016 Editar o valor em Wikidata

Costa ten unha discapacidade visual dende os 10 anos de idade. Os seus tres irmáns tamén teñen discapacidade visual.[2] O seu irmán Ricardo Costa de Oliveira é tamén deportista paralímpico; gañou unha medalla nos Xogos Paralímpicos de 2016: a medalla de ouro na proba de salto de lonxitude masculino na mesma categoría.[3]

Traxectoria editar

Por mor dun problema co seu visado, case perde o Campionato Mundial de Atletismo Paralímpico de 2015, celebrado en Doha, mais finalmente logrou chegar á capital de Qatar. No evento venceu á súa compatriota Lorena Salvatini Spoladore e á sueca Viktoria Karlsson cun salto de 5.04 m, o que lle valeu a medalla de ouro.

Converteuse en medallista paralímpica de salto de lonxitude T11 en 2016 nos Xogos Paralímpicos de Río cun salto de 4,98 m, derrotando á marfilesa Brigitte Diasso (4,89 m) e a brasileira Salvatini Spoladore (4,71 m).[4] En 2017, fundou o Instituto Silvânia Oliveira, unha organización con sede na súa cidade natal que axuda aos nenos a afastarse da vida rueira practicando atletismo.[1]

Costa de Oliveira é a actual posuidora da marca mundial no salto de lonxitude T11 con 5,46  m, un salto realizado en São Paulo en 2016.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Silvania Costa de Oliveira". paralympic.org (en inglés). Comité Paralímpico Internacional. Consultado o 18 de xullo de 2020. 
  2. Fontes, Carol. "De problema a orgulho para a família, Silvânia se consagra com ouro no salto". globoesporte.com (en portugués). Consultado o 18 de xullo de 2020. 
  3. "Ricardo Costa mantém tradição da família e dá 1º ouro do Brasil no salto em distância para cegos". bbc.com (en portugués). 8 de setembro de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2020. 
  4. "Silvania Costa leva ouro no salto em distância na Paralimpíada". Valor Econômico (en portugués). Consultado o 18 de xullo de 2020. 
  5. "First competition for Silvania Costa de Oliveira as mother". International Paralympic Committee (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2020.