O Silmarillion
O Silmarillion é o título dunha recompilación de varias das obras de fantasía escritas polo coñecido J. R. R. Tolkien e publicada o 15 de setembro de 1977[1] polo seu fillo tras a súa morte.
O Silmarillion | |
---|---|
![]() | |
Tipo | obra literaria ![]() |
Epónimo | Quenta Silmarillion ![]() |
Forma artística | colección de obras literarias ![]() |
Xénero artístico | fantasía e mitopoeia ![]() |
Linguas
| |
Autoría | |
Autor/a | J. R. R. Tolkien ![]() |
Temática | |
Tema principal | legendarium de Tolkien ![]() |
Ambientado en | Arda ![]() |
Universo ficticio | legendarium de Tolkien ![]() |
Personaxes
| |
Publicación | |
Data publicación | |
País orixe | Reino Unido ![]() |
Editor/a | Christopher Tolkien ![]() |
Cronoloxía | |
Premios | |
Edicións | |
Edicións
| |
Identificadores | |
Goodreads | 4733799 ![]() |
Open Library | OL27514W e OL27495W ![]() |
Composto por | |
Contacto | |
Redes | ![]() |
[ Wikidata ] |
Datos
editarO Silmarillion narra as orixes de Arda (o mundo do universo de Tolkien) a través do relato das Crónicas da Primeira Idade ou Días Antigos. A esta antiga historia, na que participaron Elrond e Galadriel, entre outros, fan referencia os personaxes d'O Señor dos Aneis
O Silmarillion abarca un período cronolóxico moi extenso, dende a creación do mundo grazas á Música dos Ainur, ata o tránsito dos Portadores dos Aneis nos portos de Mithlond, á fin da Terceira Idade.
Obras curtas
editarEsta obra inmensa comprende non só o Quenta Silmarillion ou Silmarillion propiamente dito, senón tamén outras catro obras máis curtas:
- O Ainulindalë, que narra a creación do mundo a través da Música dos Ainur.
- O Valaquenta ou historia dos Maiar e dos Valar, segundo o saber dos Eldar (Elfos).
- O Akallabêth, que narra a caída de Númenor.
- E, finalmente, Dos Aneis do Poder e a Terceira Idade, que, a modo de epílogo, nos conta a fin da Terceira Idade.
Notas
editar- ↑ Rayner Unwin (1978), en Amon Hen, boletin de The Tolkien Society, no. 32 p. 13.
A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |