Silhouette
Silhouette | |
---|---|
Vista da illa | |
![]() | |
Datos | |
Capital | La Passe |
País | Seychelles |
Localización | Océano Índico |
Arquipélago | Seychelles |
Linguas | |
Poboación (2009) | 135 hab. |
Superficie | 20 km² |
Densidade | 6´75 hab./km² |
Coordenadas | 4°29′S 55°14′L / -4.483, -55.233 |
Maior Altura | 740 m (Mont Dauban) |
Localización | |
![]() |
A Illa de Silhouette áchase a 20 km ao noroeste de Mahé en Seychelles. É a terceira illa máis grande de Seychelles. Ten unha área de 20 Km² e unha poboación de 135. O asentamento principal é La Passe, onde hai un hotel para que os visitantes. O seu nome vénlle dado por Étienne de Silhouette (1709-1767), ministro francés de finanzas baixo o reinado de Luís XV.
Características Editar
A illa é montañosa, con cinco picos de máis de 500 metros de altitude; Mont Dauban (740m), Mont-Pot-a-Eau (621m), Gratte Fesse (515m), Mont Corgat (502 m) e Mont Cocos Marrons (500 m). Isto fai que sexa a paisaxe máis agreste das illas.
Desde o século XIX ata 1960 a illa foi posuída pola familia Dauban, de Illa Mauricio, que plantaron árbores froiteiras e palmas de coco. A casa da plantación de Dauban restaurouse recentemente.
A Illa de Silhouette sitúase dentro dun Parque Nacional Marítimo-Terrestre, que se dedica á protección do medio. É un dos lugares máis ricos en biodiversidade do Océano Índico occidental con moitas especies endémicas e ameazadas de plantas e do animais.
A illa ten un grande área de bosque primitivo, onde crían os morcegos das Seychelles. É, ademais, unha área importante para as aves e é considerada pola Alianza para a Extinción Cero[1] como un sitio importante para a supervivencia de especies en perigo. O Nature Protection Trust of Seychelles, encargado da conservación nas illas, ten un centro de crianza para tartarugas xigantes de Seychelles e tartarugas xigantes de Arnold. En decembro de 2006, esta última especie foi reintroducida no medio natural.
Na illa circulan distintas historias e lendas, como a de conter antigos sepulcros medievais de mariñeiros árabes (aínda que se dataron en tan só uns 200 anos), ou a de ter enterrado o tesouro do pirata Jean-François Hodoul.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de setembro de 2011. Consultado o 29 de xuño de 2009.