Sicario (filme de 2015)

filme de 2015 dirixido por Denis Villeneuve

Sicario é un filme estadounidense de suspense e acción[4][5] de 2015 dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Taylor Sheridan. Está protagonizado por Emily Blunt, Benicio del Toro e Josh Brolin. O filme conta a historia dunha axente do FBI que é recrutada por un grupo de traballo do goberno para derrocar ao líder dun poderoso e brutal cártel mexicano da droga. Sicario foi escollida para competir pola Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2015. Tivo unha distribución limitada nos cinema dos Estados Unidos o 18 de setembro de 2015, e despois tivo unha estrea máis ampla a nivel nacional o 2 de outubro de 2015.

Sicario
Ficha técnica
Título orixinalSicario
DirectorDenis Villeneuve
ProdutorBasil Iwanyk
Edward L. McDonnell
Molly Smith
Thad Luckinbill
Trent Luckinbill
GuiónTaylor Sheridan
Intérpretes
MúsicaJóhann Jóhannsson
FotografíaRoger Deakins
MontaxeJoe Walker
EstudioBlack Label Media
Thunder Road
DistribuidoraLionsgate
EstreaCannes: 19 de maio de 2015
18 de setembro de 2015
Galicia 3 de maio de 2023 (TVG)
Duración121 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense e acción
Orzamento30 millóns de dólares[2]
Recadación85 millóns de dólares[3]
Na rede
http://www.sicariofilm.com/
IMDB: tt3397884 Filmaffinity: 484192 Allocine: 228114 Rottentomatoes: m/sicario_2015 Mojo: sicario Allmovie: v625866 TCM: 2024720 Metacritic: movie/sicario
Twitter: SicarioMovie Netlix: 80046311Editar o valor em Wikidata

Sicario recibiu eloxios polas súas actuacións, secuencias de acción, guión, dirección, partitura musical e fotografía. O filme foi nomeado á mellor fotografía, mellor banda sonora e mellor edición de son na 88ª edición dos Óscar. Tamén obtivo nomeamentos aos BAFTA ao mellor actor secundario, á mellor fotografía e á mellor banda sonora.[6][7] A súa secuela, Sicario: Day of the Soldado, estreouse o 29 de xuño de 2018. Un terceiro título, Sicario: Capos, está en fase de desenvolvemento.

Estreouse en galego o 3 de maio de 2023 a través da TVG.[8][9]

Personaxes editar

Notas editar

  1. "Sicario (15)". British Board of Film Classification. 27 de xullo de 2015. Consultado o 28 de xullo de 2015. 
  2. Zeitchik, Steven (3 de setembro de 2015). "Denis Villeneuve returns to morality's shifting line with 'Sicario". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2015. 
  3. "Sicario (2015)". Box Office Mojo. Consultado o 10 de agosto de 2016. 
  4. "'Sicario': EW review". Entertainment Weekly. Consultado o 16 de setembro de 2015. 
  5. "'Sicario' Review: Emily Blunt Is Superb In Tense, Disturbing Drug War Thriller". Forbes. Consultado o 10 de setembro de 2015. 
  6. Burnett, Victoria (11 de outubro de 2015). "Portrayal of Juárez in 'Sicario' Vexes Residents Trying to Move Past Dark Times". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2015. Consultado o 17 de xaneiro de 2016. The turnaround for Juárez began in 2012 and has been significant. Kidnappings have plummeted — officially there have been none in 20 months — and the murder rate has fallen from as many as eight a day during the worst times in 2010 to 20 to 30 per month now. 
  7. Nájar, Alberto (7 de outubro de 2015). "¿Por qué la película "Sicario" enoja tanto a Ciudad Juárez?" (en castelán). BBC. BBC Mundo. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2015. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  8. @AntRubal (ed.). "Sicario en galego na TVG". Consultado o 3 de maio de 2023. 
  9. @DobraxeGalega (ed.). "Filmes dobrados ao galego na TVG en 2023". Consultado o 3 de xaneiro de 2024.