Siberut é a máis grande e máis setentrional das illas Mentawai, situada a 150 quilómetros ao oeste de Sumatra no océano Índico. Forma parte de Indonesia, a illa é o fogar principal para os mentawai. A metade occidental da illa foi declarada como Parque Nacional en 1993. Gran parte da illa está cuberta de selva, pero está explotada pola industria madeireira.

Siberut
Localización da illa
Situación
País Indonesia
ProvinciaSumatra occidental
ArquipélagoIllas Mentawai
MarOcéano Índico
Coordenadas1°23′S 98°54′L / -1.383, -98.900Coordenadas: 1°23′S 98°54′L / -1.383, -98.900
Xeografía
XeoloxíaPrisma de acreción
Superficie3.828´5 km²
Punto máis alto384 m. Gunung Simatombotombo
Demografía
CapitalMuarasiberut
Poboación35.091 (Censo 2010)
Densidade9´16 hab./km²

As illas menores adxacentes a Siberut inclúen Karamajet e Masokut, que se atopan no estreito Bungalaut no sur da illa.

Siberut viuse afectada polo tsunami de 2004, pero sen ningunha perda coñecida da vidas humanas.

Xeografía editar

Illa Siberut ten un cálido e húmido clima de selva tropical, cunha choiva anual de 4.000 mm. As temperaturas oscilan entre 22 e 31 °C, e a media de humidade dun 81-85%. A costa leste ten moitos illotes, Baías e arrecife de coral, e está cuberta con bosques de mangleiros que se estenden ata 2 km de ancho antes de dar paso aos bosques de Nipa. O oeste é principalmente de bosques de Barringtonia e é difícil chegar por mor dun mar axitado e abruptos cantís. O interior montañoso elévase a 384 metros, con moitas correntes de auga que forman pantanos nas terras baixas.

Medio Ambiente editar

Siberut foi recoñecida como Reserva da Biosfera en 1981. En 1993, a parte occidental da illa foi designada como Parque Nacional, cunha superficie de 1.905 km².

Ao redor do 70% dos bosques que están fóra da reserva están suxeitos a concesións madeireiras, algúns operativos e outros pendentes.

No ano 2001 a UNESCO trouxo unha nova fase do seu Programa Siberut, coa intención de protexer o ecosistema a través do desenvolvemento local. Esta fase implica a creación dunha asociación de comunidades locais, grupos conservacionistas e o goberno local, un enfoque que parece ser popular a nivel local.