Os mentawai (tamén chamados mentawei e mentawi) son un pobo nativo das Illas Mentawai, na provincia de Sumatra Occidental, Indonesia. O seu xeito de vida é semi-nómade e cazador-colleiteiro. Habitan nas zonas costeiras e selváticas das illas. A súa poboación estímase en arredor de 64 000 persoas. A lingua mentawai pertence á familia austronesia. Este pobo caracterízase pola súa espiritualidade, a súa arte corporal e a tendencia a limar os dentes, unha práctica que eles consideran estética e embelecedora.

Pobo mentawai
Homes mentawai, 1895.
Poboación
Poboación total:
64 000[1]
Rexións principais:
Illas Mentawai, Indonesia64 000
Aspectos culturais
LinguaMentawai e indonesio
RelixiónCristianismo (predominante), animismo, xamanismo
Grupos
relacionados
pobo sakuddei

Notas editar

  1. "Mentawai of Indonesia". People Groups. Consultado o 10 de marzo de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Thom Henley; Taveepong Limapornvanich (2001). Living Legend of the Mentawai. Ban Thom Pub. ISBN 0-9689091-2-4.