Abrir o menú principal

Shin'ichirō Tomonaga

físico xaponés

Shin'ichirō Tomonaga (朝永振一郎, ともなが しんいちろう; Tomonaga Shin'ichirō, en grafía inglesa, "Shin'itiro Tomonaga"), nado en 1906 e finado en 1979, foi un físico xaponés, obtivo o Premio Nobel de Física no 1965, xunto a Richard Feynman e Julian Schwinger, polo desenvolvemento dos principios básicos da electrodinámica cuántica.

Shin'ichirō Tomonaga
Nobel prize medal.svg
Tomonaga.jpg
Nacemento31 de marzo de 1906
 Toquio
Falecemento8 de xullo de 1979
 Toquio
Causacancro de larinxe
NacionalidadeXapón
Alma máterUniversidade de Quioto
Ocupaciónfísico teórico, profesor e físico
PremiosOrden da Cultura, Premio Nobel de Física, Medalha de Ouro Lomonossov, Order of the Rising Sun, 1st class, Pessoa de Mérito Cultural e Asahi Prize
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou as súas investigacións na EDC no ano 1941, ó chegar a ser profesor na que hoxe é Universidade de Tokio. A Segunda Guerra Mundial incidiu no seu illamento dos científicos máis sobresaíntes no tema, a pesar de que no ano 1943 completou e publicou as súas investigacións, que fixeron compatible a EDC e a Teoría da Relatividade Especial. No 1947, coincidindo coa publicación de resultados por Feynman e Schiwinger, os seus resultados chamaron a atención do mundo científico a nivel mundial, atopando consistencia entre as publicacións dos tres.

Foi Rector da súa Universidade do 1956 ó 1962, sendo nomeado despois presidente do Consello científico xaponés. Fixo campaña contra as armas nucleares e a favor do desenvolvemento pacífico da enerxía nuclear.

BibliografíaEditar

En inglésEditar

Silvan S. Schweber, QED and the Men Who Made It: Dyson, Feynman, Schwinger, and Tomonaga (1994), historia do desenvolvemento intelectual da Electrodinaica Cuántica (en inglés, Quantum Electro-Dynamics, QED).


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.