Shetland (serie de televisión)

Shetland é unha serie policial da BBC de Escocia protagonizada por Douglas Henshall que representa o papel do detective Jimmy Perez. A historia desenvólvese no arquipélago escocés das Shetland, aínda que bastante da filmación se efectuou na parte escocesa de Gran Bretaña,[1] con algunhas localizacións nas Shetland.[2]

Shetland
FormatoMisterio
IntérpretesDouglas Henshall
Alison O'Donnell
Steven Robertson
Mark Bonnar
Julie Graham
Jamie Farmer
País de orixeReino Unido Reino Unido
Lingua(s)Inglés
Episodios38 (7 tempadas)
Produción
Duración60 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeBBC One
Primeira emisión10 de marzo de 2013
Na rede
http://www.bbc.co.uk/mediacentre/mediapacks/shetland/
IMDB: tt2396135 Allocine: 11304 TV.com: shows/shetland Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A primeira temporada da serie, piloto, foi de dous episodios baseados na novela da escritora británica Ann Cleeves Red Bones,[3][4] foi emitida na BBC no 2013.

A segunda temporada, emitida en 2014, ten 6 episodios e consta de tres historias de dúas partes cada unha baseadas nas novelas de Ann Cleeves Raven Black, Dead Water e Blue Lightning.[5]

En abril de 2015 comezou a gravación da terceira temporada da serie.[6]

Emisión en Galicia editar

A TVG comezou a emisión da serie o 11 de outubro de 2015.[7]

Os dous primeiros episodios da primeira temporada tituláronse Ósos vermellos (1ª e 2ª parte).

Os episodios da segunda temporada en Galicia tituláronse Negro coma un corvo (1ª e 2ª parte), Auga morta (1ª e 2ª parte) e Lóstrego azul (1ª e 2ª parte).

Posteriormente a serie foi reemitida pola tvG2

Notas editar

  1. English, Paul (2 de marzo de 2013). "Scottish actor Douglas Henshall on the perks of filming new BBC crime drama Shetland.. in & around Glasgow". Daily Record. Consultado o 8 de xaneiro de 2016. 
  2. "There's been a murrrder: Shetland returns to BBC One" Arquivado 31 de decembro de 2015 en Wayback Machine., Sarah Clark, Visit Scotland, 6 de marzo de 2014.
  3. Griffiths, Rosalind (22 de novembro de 2012). "Cleeves’ new BBC drama gets premiere screening at Mareel". The Shetland Times. Consultado o 8 de xaneiro de 2016. 
  4. Midgley, Neil (11 de Marzo de 2013). "Shetland, BBC One, review". The Daily Telegraph. Consultado o 8 de xaneiro de 2016. 
  5. Jeffery, Morgan (3 de abril de 2013). "'Shetland' gets full six-part series on BBC One". Digital Spy. Consultado o 8 de xaneiro de 2016. 
  6. "Street closed for television crime series filming". The Shetland Times. 9 de abril de 2015. Consultado o 8 de xaneiro de 2016. 
  7. http://galego.laopinioncoruna.es/sociedad/2015/10/11/tvg-estrena-noche-serie-britanica/1003086.html Consultado o 8 de xaneiro de 2016