Shenzhou 9 foi unha misión que levou a cabo o primeiro acoplamento tripulado entre unha nave Shenzhou e unha estación espacial, a Tiangong 1, e a primeira misión chinesa na que voou unha muller, Liu Yang. Foi lanzada o 16 de xuño de 2012 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.[2][4]

Shenzhou 8
Shenzhou 9 acoplada a Tiangong 1
TipoTripulado
Data de lanzamento16 de xuño de 2012[1][2][3]
Foguete portadorCZ-2F[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[2][5]
Duración da misiónTrece días[2][5]
Obxectivo da misiónAcoplamento tripulado coa estación espacial Tiangong 1.[2][5]
Regreso29 de xuño de 2012[1][5]
NSSDC ID2012-032A
Masa8080 kg[2][4][5]

Características editar

Shenzhou 9 foi unha misión tripulada que se acoplou á primeira estación espacial chinesa, a Tiangong 1, deshabitada no momento dos acoplamentos. Shenzhou 9 permaneceu en órbita 13 días, durante os cales se fixeron dous acoplamentos e a tripulación levou a cabo diversos experimentos a bordo. A cápsula de retorno retornou a terra o 29 de xuño.[2][3][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SZ-9" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (10 de febreiro de 2021). "Shenzhou 9" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Claude Lafleur (2021). "Shenzhou IX" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Shenzhou 8, 9, 10, 11, 12 (SZ 8, 9, 10, 11, 12)" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2021). "Shenzhou 8, 9, 10, 11, 12" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar