Shenzhou 8 foi un voo de probas non tripulado no que se levou a cabo o primeiro acoplamento automático entre unha nave Shenzhou e unha estación espacial, a Tiangong 1. Foi lanzada o 31 de outubro de 2011 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.[2][3][5]

Shenzhou 8
Shenzhou 8 acoplada a Tiangong 1
TipoVoo de probas
Data de lanzamento31 de outubro de 2011[1][2][3][4]
Foguete portadorCZ-2F[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[2][6]
Duración da misiónTres semanas[2][6]
Obxectivo da misiónVoo de probas non tripulado, primeiro acoplamento chinés cunha estación espacial.[2][6]
Regreso17 de novembro de 2011[1][6]
NSSDC ID2011-063A
Masa8080 kg[2][5][6]

Características

editar

Shenzhou 8 foi unha misión non tripulada que se acoplou de maneira automática á primeira estación espacial chinesa, a Tiangong 1, deshabitada no momento dos acoplamentos. Shenzhou 8 permaneceu en órbita 18 días, durante os cales fixo dous acoplamentos automáticos.[2][4][5]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SZ-8" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (10 de febreiro de 2021). "Shenzhou 8" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 15 June 2012 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (12-57322(E)). 13 de novembro de 2012: 26. Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Claude Lafleur (2021). "Shenzhou VIII" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Shenzhou 8, 9, 10, 11, 12 (SZ 8, 9, 10, 11, 12)" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2021). "Shenzhou 8, 9, 10, 11, 12" (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar