Shenzhou 6
Shenzhou 6 foi o nome da segunda misión tripulada chinesa e a primeira tripulada por dous astronautas. Foi lanzada o 12 de outubro de 2005 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.[2][3][5]
Shenzhou 6 | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 12 de outubro de 2005, 01:00 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | CZ-2F[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[2][6] |
Duración da misión | 4,81 días[2][6] |
Obxectivo da misión | Segundo voo tripulado dunha misión chinesa.[2][6] |
Regreso | 16 de outubro de 2005[1][6] |
NSSDC ID | 2005-040A |
Masa | 7800 kg[2][5][6] |
Características
editarShenzhou 6 foi a primeira misión chinesa en levar dous astronautas a bordo, Fei Junlong e Nie Haisheng. A misión tivo unha duración de case cinco días, durante os cales os tripulantes fixeron varios experimentos, usando por primeira vez o módulo orbital na nave Shenzhou, que tiña varias modificacións de seguridade e comodidade para os astronautas feitas en base á experiencia con Shenzhou 5.[2][3][4][5]
No último día da misión a cápsula de reentrada, cos dous tripulantes a bordo, separouse do módulo orbital e do módulo de servizo para reentrar na atmosfera. A cápsula aterrou ás 20:33 GMT coa tripulación a salvo.[2][4][5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SZ-6" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (10 de febreiro de 2021). "Shenzhou 6" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 18 September 2006 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (06-58298(E)). 9 de novembro de 2006: 2. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2021). "Shenzhou 6" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Shenzhou 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 (SZ 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7)" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2021). "Shenzhou 6" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shenzhou 6 |