Shalom (en lingua hebraica שָׁלוֹם, xeralmente traducido como paz) significa paz entre dúas entidades (xeralmente dúas nacións) ou a paz interior dun individuo. Tamén é utilizada como cumprimento dentro da comunidade xudía, á semellanza do salaam árabe.

Etimoloxía editar

A palabra shalom deriva da raíz ש-ל-ם, que nas linguas semíticas aparece co sentido de ser completo, ser cheo ou ser pleno, aparecendo en diversos textos co sentido de paz, salvación e prosperidade de individuos e nacións.

Expresións editar

Dentro da lingua hebraica, a palabra shalom é utilizada en diversas expresións:

  • Shalom aleikhem (שָׁלוֹם עֲלֵיכֶם; literalmente "a paz sobre vós"), é a expresión completa do uso de shalom cando cumprimento, e é cognato ao árabe Assalamu Aleikum. A resposta a esta expresión é Aleikhem shalom.
  • Shabbat shalom (שַׁבָּת שָׁלוֹם) cumprimento común usado no Shabat, sendo moi utilizado en comunidades Mizrahi, Sefaradi e en Israel. Algunhas comunidades asquenací empregan o termo yiddish Gut shabbes.
  • Alav hashalom (עַלָיו הַשָּׁלוֹם; literalmente "sobre el a paz") é unha expresión usada nalgunhas comunidades xudaicas após mencionar o nome dunha persoa respectábel, equivalente ao árabe alayhi is-salaam).

Nomes editar

Shalom é xeralmente utilizado como nome ou raíz de nomes dentro da comunidade xudaica, tendo como exemplo o rei Shlomo ou Salomón (שלומה).

Persoas coñecidas co nome de Shalom: