Sesquilé

concello do departamento de Cundinamarca, Colombia

Sesquilé é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia de Almeidas, a 45 km ó nordés de Bogotá.

Modelo:Xeografía políticaSesquilé
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 5°02′43″N 73°47′50″O / 5.0453, -73.7972Coordenadas: 5°02′43″N 73°47′50″O / 5.0453, -73.7972
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie141 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude2.678 m Editar o valor em Wikidata
Creación1600 Editar o valor em Wikidata

Páxina websesquile-cundinamarca.gov.co… Editar o valor em Wikidata

A altitude media do municipio é de 2595 ms.n.m., e a súa temperatura media anual é de 14.1 °C, con abondosas choivas durante o ano.[1] Sesquilé limita polo sur con Guatavita; polo norte con Chocontá e Suesca; polo leste con Machetá, e polo oeste con Gachancipá.

Toponimia editar

O topónimo «Sesquilé», en muysc cubun (lingua muisca), significa «Boquerón do regato», aínda que tamén foi traducido como «Auga Quente», como derivado de Sisque, que provén do vocábulo muisca Sisquis Bteib.

Historia editar

Época precolombiana editar

 
Construción muisca reconstruída en Sesquilé.
 
A Balsa Muisca aparece no escudo de Sesquilé debido a que representa a cerimonia que tiña lugar na Lagoa de Guatavita, que deu orixe á lenda de El Dorado.

Na época precolombiana, Sesquilé estivo poboado polos muiscas; foi un dos once uta (poboados, ou aldeas) que integraban o zybyn (clan) de Guatavita, no territorio do Zipazgo, dentro da Confederación Muisca. O utatiba (gobernante local) de Sesquilé era tributario do sybyntiba (cacique) de Guatavita.

Os muiscas explotaron minas de carbón mineral no sitio denominado Chaleche, e minas de sal na parte chamada Sesquilé, que en tempos do Novo Reino de Granada foi nomeada Minas de San Juan de Sesquilé. As minas continuaron sendo explotadas polos españois coas técnicas indíxenas, e tamén durante a época republicana, xerando rendas tanto para a nación como para o concello até a construción do Encoro do Tominé, que cubriu entre outras importantes zonas a parte das antigas minas de sal e de carbón.[2]

Na xurisdición de Sesquilé atópase a lagoa de Guatavita, na que os muiscas celebraban a cerimonia que deu orixe á lenda de El Dorado.

Notas editar

  1. [1] CLIMATE-DATA.ORG, Clima: Sesquilé.
  2. ruborpuebloscundinamarca.blogspot.com / «Apuntes de Sesquilé» (21 de outubro de 2010). Consultado o 17 de xullo de 2019.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar