Abrir o menú principal

Coordenadas: 42°47′21″N 9°04′14″O / 42.78917, -9.07056

Serres
Vista Serres, Muros.jpg
Vista xeral.
ConcelloMuros
Poboación2.088 hab. (2013)
Entidades de poboación13

San Xoán de Serres é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.088 habitantes (1.091 mulleres e 997 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.494 habitantes.

Índice

PatrimonioEditar

Igrexa de San Xoán de SerresEditar

 
Igrexa parroquial.

A igrexa parroquial de San Xoán Bautista sufriu ao longo da súa historia diferentes ampliacións e remodelacións. A partida máis antiga conservada no seu arquivo é de 1600. No século XVIII a Confraría da Nosa Señora das Dores financiou a construción da capela maior, incorporada ó corpo principal da igrexa. En 1892 levouse a cabo unha gran ampliación, quedando o edificio actual con planta de cruz latina, sancristía, presbiterio, nave central e dúas capelas.

En 1984 remodelouse o presbiterio, desprazándose cara adiante o altar de pedra incorporado ó retablo, tamén de pedra. Engadiuse tamén un sagrario de pedra atopado entre entullos. En 1991 volveuse ampliar, quedando a nave central de forma cuadrangular.

Santuario da Virxe do CamiñoEditar

 
Santuario da Virxe do Camiño.

O santuario da Virxe do Camiño, de estilo gótico, foi construído cara o século XV. Acolle unha imaxe da Virxe, atopada segundo a tradición nunha praia veciña.

A planta é rectangular, composta por unha soa nave dividida en catro tramos por tres arcos apuntados. No exterior ten grosos contrafortes e uns grandes canzorros de inspiración románica. A carón da fachada principal está anexo o edificio que correspondeu ao antigo Hospital de Lazarados, que tamén servía lugar de acollida para os peregrinos que dende Santiago de Compostela se dirixían a Fisterra. O conxunto da obra foi declarado Monumento Nacional.

Muíño de marea do Pozo de CachónEditar

 
Muíños de Pozo de Cachón.

O muíño de marea do Pozo de Cachón foi construído no primeiro cuarto do século XIX. Logo de estar abandonado, en 1990 iniciouse a súa rehabilitación. Ten planta rectangular, cunha parte adicada a almacén onde a principios do século XX funcionaron os Baños de Santa María, un balneario especializado na hidroterapia con auga mariña e baños temperados de algas.

É un dos maiores muíños do estado das súas características. Na actualidade funciona como centro cultural, albergando de xeito permanente paneis con explicacións sobre a súa construción e función. Tamén acolle exposicións temporais e diversas actividades culturais.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar