Serra da Raíña Loba

A serra da Raíña Loba é unha das serras do sur de Galiza e está localizada entre A Limia e a serra de Larouco. Está conformada pola serra de Gomariz e os montes do Cebreiro. A súa composición é principalmente granítica.

Conserva importantes áreas de bosque de rebolos con bidueiros, pereiras bravas e carballos. Outra parte está repoboada con piñeiros e o resto son arbustos e penedos.

Os puntos de maior altura son o Penedo da Raíña Loba (na serra de Gomariz) con 1.161 metros sobre o nivel do mar, e o pico Cebreiro, con 1.265 (nos montes do Cebreiro, onde tamén destaca con 1.258 o chamado Penedo das Fatigas).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar