Sergio Vences Fernández

filósofo e escritor galego

Sergio Vences Fernández, nado en Lama Má (Baños de Molgas) o 22 de setembro de 1936 e finado o 20 de decembro de 2012[1], foi un filósofo e escritor galego.

Modelo:BiografíaSergio Vences Fernández
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Baños de Molgas, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de decembro de 2012 (76 anos)
Actividade
Ocupaciónfilósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosMiguel Vences Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1028867 Dialnet: 549840

Traxectoria

editar

Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, foi lector de español nas universidades de Colonia e Duisburgo (1969-1983), e redactor para a Deutsche Welle (Radio Nacional de Alemaña para o Exterior). Foi profesor de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela (1974) e en 1975 profesor de Literatura española na Escola Universitaria de Tradutores e Intérpretes da Universidade de Colonia. Incorporouse en 1983 como profesor na USC e en 1990 pasou á Universidade da Coruña. Colaborou en Romanische Forschungen, Papeles de Son Armdans, Argumentos, La Nueva España, La Voz de Galicia, El Correo Gallego e El Ideal Gallego. Traduciu a Dietrich Bonhoeffer, Frederik Hetmann e Edmund Husserl.

Ensaio

editar
  • Los caminos de Martin Heidegger. Filosofía del lenguaje en el siglo XX, 1993.
  • Platón suspende la selectividad, 1994.
  • Vislumbres de utopía, 1995.

Poesía

editar
  • La voz y el caminante, 1969.
  • De la memoria al sueño, 2003.

Narrativa

editar
  • Nas profundas augas do esquecemento, 2011.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar