Sergei Riazanski

cosmonauta ruso

Sergey Nikolayevich Riazanski, nado en Moscova o 13 de novembro de 1974, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-10M e Soiuz MS-05 e foi membro das expedicións 37, 38, 52 e 53 á Estación Espacial Internacional.[1][2]

Sergei Riazanski
Datos persoais
Nacemento13 de novembro de 1974
LugarMoscova
Actividade
MisiónsExpedição 38, Expedición 37, Soiuz TMA-10M, Soiuz MS-05, Expedición 52 e Expedición 53
Tempo no espazo304,97 días
PremiosHéroe da Federación Rusa, Piloto-Cosmonauta da Federación Rusa e Orde por Servizos á Patria de cuarto grao
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Riazanski graduouse en bioquímica na Universidade do Estado en Moscova en 1996. Doutorouse en 2006 e foi seleccionado como cosmonauta en 2003, participando nas misións Soiuz TMA-10M e Soiuz MS-05 e sendo membro das expedicións 37, 38, 52 e 53 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 304,97 días no espazo.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Ryazansky, Sergei Nikolayevich" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  2. ESA (ed.). "Crew biographies" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar