Serebro (do ruso: Серебро:prata) é un grupo feminino ruso formado polo produtor Maxim Fadeev e composto por Olga Seryabkina, Polina Favorskaya e Dasha Shashina. Serebro formouse en 2007 para propoñelo a Perviy Kanal para o Festival de Eurovisión 2007 e finalmente acabou seleccionada como o representante ruso no Festival coa canción "Song #1". Quedaron en terceiro lugar no concurso, con 207 puntos. Despois Serebro asinou oficialmente contrato coa discográfica de Fadeev Monolit Records. No ano 2009 Marina Lizorkina anunciou a súa marcha do grupo substituída por Anastasia Karpova.

Serebro
A banda nunha actuación en 2012.De esquerda a dereita: as ex-integrantes Anastasia Karpova, Elena Temnikova e a actual Olga Seryabkina.
Período2006-2019
Xénero(s)Pop, pop rock,[1] electrónica[2]
Antigos membrosMarina Lizorkina
Elena Temnikova
Anastasia Karpova
Olga Seryabkina
Dasha Shashina
Polina Favorskaya
Na rede
http://www.serebro.su
Facebook: SerebroOfficial Twitter: serebroofficial Instagram: serebro_official VK: serebro MySpace: serebroband Youtube: UCE3faOl-pvohsu7hof1Fnsw Souncloud: serebro Spotify: 1Ulwacsns9Me7dz4OVwkiQ iTunes: 254248201 Last fm: Serebro Musicbrainz: 765dc449-9ab0-4a8e-aaba-463f992d2a13 Songkick: 929653 Discogs: 830456 Allmusic: mn0001968449 Deezer: 1658933 Genius: Serebro Editar o valor em Wikidata

Polo tempo da marcha de Lizorkina a banda realizou o seu álbum de estudio OpiumRoz que recibu recoñecemento da crítica pero non foi un éxito comercial. O segundo álbum Mama Lover tivo non obstante máis éxito, incluía a canción homónima que petou ben nas listas de éxito e foi dobre dobre platino en Rusia, o vídeo musical tivo máis de 20 millóns de visitas en YouTube. Tras o éxito o grupo lanzou Mama Lover no Xapón, co nome de Serebration e co selo EMI Music. O seu primeiro sinxelo internacional, con Ego Music e Universal Music Group, "Mi Mi Mi" foi un éxito nas listas europeas.

Notas editar

  1. Serebro. AllMusic, ed. "Serebro - Music Biography, Credits and Discography". Consultado o 10 de xullo de 2012. 
  2. "Serebro reviews, music, news". sputnikmusic. 25 de abril de 2009. Consultado o 10 de xullo de 2012.