Serafín Parcero
Mestre e escritor galego
Serafín Parcero Pérez, nado en Moaña o 25 de xullo de 1955, é un mestre e escritor galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xullo de 1955 ![]() Moaña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre , escritor ![]() |
Traxectoria
editarExerceu de mestre ata a súa xubilación como profesor no IES María Soliño de Cangas do Morrazo.[1]
De novo cultivou a poesía social. Influído pola súa profesión, comezou a escribir contos e teatro para nenos. Iniciouse no ámbito do microrrelato no ano 2000. Colaborou no recompilatorio Póker de d(r)amas e na publicación As escolas de Cangas (Asociación Cultural A Cepa[2]).
Obra
editar- Ollos de cinsa (2009). Concello de Bueu, Concellería da Igualdade. 105 páxs.
- Insulae Deourum (2017). Ed. de autor. 336 páxs. ISBN 978-1548914776. Na novela un axente secreto do goberno franquista viaxa a Buenos Aires para acabar coa vida de Castelao.
- Viúvas de vivos e de mortos (2019). Tandaia, Do peirao. 244 páxs. ISBN 978-84-17393-95-3. Ambientada na posguerra en Moaña.[3]
- As illas dos deuses (2021). Xerais. 368 páxs. ISBN 978-84-9121-700-8.[4] ePub: ISBN 978-84-9121-661-2. Versión actualizada de Insulae Deourum.
- As tres vidas e as catro mortes de Roberto Seoane (2024). A Coruña: Medulia. 626 páxs. ISBN 978-84-10324-01-5.
Premios
editarNotas
editar- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-01-26.
- ↑ "AS ESCOLAS DE CANGAS". Librería Abrente. Consultado o 2021-01-26.
- ↑ "Serafín Parcero presenta en Moaña a súa novela "Viúvas de vivos e de mortos"". galego.farodevigo.es. Consultado o 2021-01-26.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-01-26.
- ↑ Parcero, Serafin (2017-07-24). Insulae Deourum. CreateSpace Independent Publishing Platform. ISBN 978-1-5489-1477-6.
- ↑ García, D. (2018-05-30). "El regreso de Matilde Bares". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-01-26.