Selyf ap Cynan
Selyf ap Cynan (ou Selyf Sarffgadau) (morto en 616) aparece na xenealoxías galesas antigas como un antigo rei de Powys no século VII e como fillo de Cynan Garwyn.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 586 (Gregoriano) |
Morte | 613 (26/27 anos) |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Dona, Manwgan ap Selyf |
Pai | Cynan Garwyn |
Traxectoria
editarO seu nome é a forma galesa de Salomón, e aparece nas antigas xenealoxías como Selim. O seu alcume era Sarffgadau, que significa serpente de batalla.
Segundo os Anais do Ulster e os Anais galeses, en 616 morreu na Batalla de Chester, loitando contra Æthelfrith de Northumbria. Os Anais do Ulster chámano Rei dos britanos, se cadra porque guiaba unha forza combinada de máis dun reino britónico na batalla contra os do reino de Northumbria (o rei de Gwynedd, Iago ap Beli, tamén morreu nela segundo os Anais galeses).
Na tradición das Tríades galesas, aparece Arofan como o seu bardo de corte.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Kari Maund (2000) The Welsh Kings: The Medieval Rulers of Wales (Tempus)
Rei de Powys | ||
---|---|---|
Segue a: Cynan Garwyn |
Selyf ap Cynan (-616)
|
Precede a: Manwgan ap Selyf |