Anais do Ulster
Os Anais do Ulster[1] son unha crónica da Irlanda medieval.
As entradas abarcan desde o ano 431 até o 1540. As que van até 1489 foron compiladas a finais do século XV na illa de Belle Isle no Ulster polo amanuense Ruaidhri Ó Luinín, baixo supervisión de Cathal Óg Mac Maghnusa. As entradas máis tardías foron redactadas por outros autores.
Para os períodos máis remotos, usáronse como fonte algúns anais máis antigos que remontan ás veces até o século VII, e os acontecementos máis próximos reconstruíronse de memoria ou por transmisión oral. A lingua utilizada é o gaélico irlandés, e ás veces o latín. Dado que os Anais do Ulster reproducen palabra por palabra os anais máis antigos, son útiles tanto para os historiadores como para os lingüistas, que poden estudar a evolución da lingua irlandesa.
A biblioteca do Trinity College de Dublín posúe o manuscrito orixinal, e a Bodleian Library de Oxford dispón dunha copia contemporánea que cobre certas lagoas do orixinal.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para oranxista.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- The Annals of Ulster – tradución dos Anais en inglés.