Río Segre

Afluente do río Ebro
(Redirección desde «Segre»)

O río Segre é un curso fluvial, afluente do río Ebro pola súa beira esquerda, que desde o nacemento até a desembocadura, logo de 265 km de curso, atravesa territorios de dous países: Francia e España.

Río Segre
PaísFrancia, España
NacementoPico do Segre
Lonxitude265 km
Conca22.579 km²
Caudal medio100,2 m³/s
DesembocaduraRío Ebro
Curso e bacía do Segre.
O Segre ao paso por Lleida
Gráfica do réxime do Segre, na estación da Seu d'Urgell.

Percorrido editar

O sentido xeral do curso do Segre é de NL-SO. O Segre nace nos Pireneos, na ladeira setentrional do Pico do Segre, no circo de la Culassa, no concello de Llo, departamento dos Pireneos Orientais, Francia, dentro da comarca que os cataláns denominan Alta Cerdaña. Logo de apenas 20 km de curso penetra en territorio catalán, preto de Puigcerdà, na provincia de Xirona, para entrar logo na de Lleida, por onde transcorre a maior parte do seu percorrido, excepto uns poucos quilómetros, nos que entra en territorio administrativo aragonés (Zaragoza). Verte as súas augas no Ebro na localidade de Mequinenza, dentro da franxa de fala catalá de Aragón.

Réxime hídrico editar

O réxime do Segre é de tipo nivo-pluvial (ver figura), con máximos de caudal nos meses primaverais a consecuencia do desxeo das masas xeadas e neves acumuladas nas alturas dos Pireneos principalmente, ás que hai que engadir as dos seus principais afluentes.

Afluentes principais editar

Desde o nacemento até a desembocadura os tributarios principais son:

Poboacións nas ribeiras editar

Destacan as seguintes poboacións situadas nas súas beiras: Puigcerdà, La Seu d'Urgell, Balaguer, Lleida, Aitona, Seròs e Mequinensa

Economía editar

Nas augas do Segre érguense os encoros de Oliana, Rialb e Sant Llorenç de Montgai.

Do seu leito saen diversas canles e regos: a canle de Urgell, cos seus diversos ramais; a canle de Balaguer; a canle de Seròs, a canle de Aragón e Cataluña etc.

Véxase tamén editar