Segismundo Blanco Cuesta
militar, futbolista e xornalista deportivo galego
Segismundo Blanco Cuesta, nado en 1895 e finado en Pontevedra o 10 de decembro de 1966,[1] foi un militar, futbolista e xornalista deportivo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Morte | 10 de decembro de 1966 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar, futbolista, xornalista deportivo ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Familia | |
Fillos | Manuel Blanco Tobío ![]() |
Traxectoria
editarCarabineiro da Comandancia de Pontevedra, foi ascendido a sarxento en marzo de 1937,[2] e cando o Corpo de Carabineiros se integrou na Garda Civil en 1940, pasou a este corpo, onde alcanzou o grao de tenente. Foi futbolista e árbitro de fútbol, presidente da Federación de Árbitros e dos Adestradores. Foi presidente do Anduriña do Grove,[3] e directivo do Pontevedra. Xornalista deportivo que asinaba como Don Verdades, foi redactor deportivo de Progreso, redactor xefe do semanario deportivo Aire de Pontevedra e colaborou en Diario de Pontevedra.
Vida persoal
editarFoi pai de Manuel Blanco Tobío.