Abrir o menú principal

Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

edificio civil en Vigo

Coordenadas: 42°14′18″N 8°42′59″O / 42.23833, -8.71639

Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo.

A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo é un edificio do século XXI situado na cidade de Vigo.

DescriciónEditar

O edificio, inaugurado o 1 de xullo de 2008, conta con seis andares e máis de 1.000 metros cadrados. O inmoble posúe unha sala de exposicións, salón de recepcións, despachos de presidencia e deputados, almacén e servizos administrativos.

Atópase no número 3 da rúa Oporto, ao carón da Casa de Fernando Carreras, antiga sede da alcaldía de Vigo. Na nova sede traballan nove empregados [1].

HistoriaEditar

A nova oficina constitúe a primeira sede da Deputación de Pontevedra aberta fóra da capital provincial.

A apertura dunha sede da deputación provincial na cidade de Vigo vén do desexo da institución de ter unha maior presenza no motor económico e cidade máis poboada da provincia de Pontevedra e de Galicia. A sede pretende prestar un servizo aos cidadáns vigueses para que non se teñan que desprazar á capital provincial.

ControversiaEditar

Para o presidente da Deputación, Rafael Louzán, do Partido Popular, a súa apertura responde ao seu "compromiso persoal" coa cidade, e constitúe "un feito despois 171 anos de historia". O Partido Socialista, calificouna coma un "despilfarro".[2]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar