Casa de Fernando Carreras
A Casa de Fernando Carreras é un inmoble de estilo ecléctico localizado na cidade de Vigo. A casa foi unha das primeiras grandes residencias da cidade olívica.[1] Na súa época tivo tanta sona que moitos vigueses percorrían longas distancias para ver a casa.[2]
Casa de Fernando Carreras | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | edificio ![]() | |||
Estilo | Ecléctico | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Vigo ![]() | |||
Localización | Rúa do Areal Vigo con rúa cidade do Porto (Galiza) | |||
Datas | ||||
Inicio construción | 1863 | |||
Remate construción | 1865 | |||
Fundación | 1865 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto/a | Manuel de Uceda | |||
Promotor/a | Fernando Carreras | |||
[ Wikidata ] |
O edificio atópase na esquina entre a rúa da cidade do Porto coa rúa Areal, e é o único edificio que mantén unha aliñación distinta na rúa Areal, como consecuencia de cambios no proxecto inicial da edificación da rúa.
Historia e usos
editarA Casa de Fernando Carreras foi deseñada como residencia do seu promotor, Fernando Carreras. O 1 de febreiro de 1863 asinouse o proxecto da súa edificación, que lle foi asignada a Manuel de Uceda, mestre de obras da Academia de San Fernando de Madrid e axudante de obras públicas na provincia de Pontevedra.[3]
Dende a súa construción, o edificio tivo diversos usos: foi empregado como sucursal do Banco de España (ata a construción da actual Casa das Artes, onde se localizaría despois),[4] como sede do Goberno Militar, como reitorado da Universidade de Vigo (ata a construción do novo reitorado no campus da Universidade de Vigo) e como sede da alcaldía da cidade de Vigo.
No ano 2006, o inmoble foi habilitado para albergar a alcaldía da cidade, un proxecto da alcaldesa Corina Porro, quen desexaba acomodar a sede nun inmoble máis cómodo có primeiro andar do concello de Vigo, construído en 1972. Despois de barallar distintas opcións, decantouse polo antigo reitorado da rúa Areal.[5] Entre os traballos de adecuación do edificio, destaca a substitución do escudo franquista da fachada do inmoble polo escudo da cidade olívica.[4]
Tralas eleccións municipais de 2007, coa chegada á alcaldía de Abel Caballero a alcaldía foi levada de novo ao edificio central do concello de Vigo, e pechouse o histórico inmoble.[6] Tralo seu peche o concello barallou varios proxectos para o edificio. Primeiramente pensouse en acondicionar o inmoble para a nova Biblioteca pública do Estado que prometera o ministro de cultura, César Antonio Molina para a cidade de Vigo,[6] tamén pensouse en trasladar a pinacoteca do Museo Quiñones de León para deixares máis espazo aos obxectos históricos contidos no pazo.[7] Finalmente ambas as dúas propostas foron desbotadas anunciándose a finais de 2008 que o inmoble sería a sede da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, proposta que finalmente tampouco foi adiante.[7][8]
O Consorcio da Zona Franca de Vigo mercou o edificio ó concello para trasladar a súa sede ó centro da cidade.[9]
Estilo
editarÉ un dos grandes edificios máis vellos da cidade, de estilo ecléctico. Toda a fachada está feita en cantaría de granito galego de primeira calidade ben conformado. Ten, ademais da planta baixa, dous andares, con bufardas baixo a cuberta, engadidas despois da obra principal; conta cun patio de luces interior. A súa disposición é simétrica, con grandes vans na fachada con arcos semicirculares, todos con balcón individual e separados por pilastras acanaladas, que lle dan ao conxunto un aspecto clasicista. A decoración restrínxese aos chapiteis corintios das pilastras, e á decoración xeométrica e vexetal da cornixa.[10]
Notas
editar- ↑ O concello recupera o edificio do Reitorado
- ↑ Arquitecturavigo.blogsport.com - Casa de Fernando Carreras
- ↑ Cultura: O antigo Reitorado da Universidade de Vigo
- ↑ 4,0 4,1 "A alcaldía cambiará o luns o escudo franquista polo vigués". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2008.
- ↑ Corina Porro gastó 500.000 euros, que no pagó, en amueblar 'su' alcaldía
- ↑ 6,0 6,1 El ministro de Cultura compromete una gran biblioteca en Vigo
- ↑ 7,0 7,1 O goberno vigués cede o antigo Reitorado para a sede da Eurorrexión
- ↑ O despacho máis desexado de Vigo volve á lea política
- ↑ Zona Franca comprará al Concello su edificio en el Areal para trasladar la sede de Bouzas
- ↑ Garrido Rodríguez, Jaime, 2000: Arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcciones Conde, p. 163.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa de Fernando Carreras |
Outros artigos
editar- Fundación Carlos Casares
- Edificio Bonín (na esquina oposta da rúa da cidade do Porto)