Secundino Feijoo Méndez

empresario circense galego

Secundino Feijoo Méndez, nado en Vilanova dos Infantes en 1870 e finado en Madrid o 28 de febreiro de 1939[1], foi un empresario circense galego.

Infotaula de personaSecundino Feijoo Méndez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1870 Editar o valor em Wikidata
Vilanova dos Infantes, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de febreiro de 1939 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFrancisca Salas Cerdán
FillosManuel e Araceli Feijoo Salas

Traxectoria editar

Comezou como músico no circo Fasy, despois montou un número de touros amestrados, co que percorreu Europa acompañado pola súa muller Francisca Salas Cerdán. Aos vinte anos, coa súa muller e a súa curmá Silveria, montou o seu propio espectáculo, o circo Feijoo. Co circo Feijóo renovou o espectáculo ao emparentar con Arturo Castilla, unha saga de pallasos chamados Hermanos Cape e converteuse nun dos máis importantes circos de España. Posteriormente derivou na empresa de espectáculos Feijoo Castilla Fleta.

Morreu en Madrid o 28 de febreiro de 1939. Logo da súa morte, o seu fillo Manuel Feijoo Salas continuou á fronte do Circo Feijoo no que tamén actuaba como écuyer a súa filla Araceli Feijoo.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 25-4-1939, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Rego Nieto, Manuel (1977). Historia dun circo. 
  • Rego Nieto, Manuel (1992). Os homes do circo (aqueles ourensáns). 

Ligazóns externas editar