Secret Combination (sinxelo)

sinxelo do cuarto álbum da cantante greco-estadounidense Kalomoira
«Secret Combination»
sinxelo de Kalomoira
do álbum 'Secret Combination the Album'
Lanzamento 6 de febreiro do 2008
Formato {{{formato}}}
Gravada 2008
Xénero musical Pop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración
Discográfica Heaven Music
Produtor(es) Poseidonas Giannopoulos,
Konstadinos Pantzis
Escritor(es) Poseidonas Giannopoulos,
Konstadinos Pantzis
Miscelanea {{{miscelanea}}}

Secret Combination é un sinxelo do cuarto álbum da popular cantante greco-estadounidense Kalomoira, lanzado ao mercado en Grecia e Chipre o 6 de febreiro do ano 2008 baixo o selo Heaven Music. Coa canción deste single, a cantante obtivo a terceira praza na final do Festival de Eurovisión dese mesmo ano, rematando por detrás de Rusia e Ucraína, aínda que comezou liderando a votación. Dende o concurso, a canción converteuse nun éxito en Europa alcanzando a primeira posición en Grecia e Chipre, e entrando nos Top 40 en Turquía, Irlanda, Lituania, Reino Unido e incluso Canadá.

Información editar

Foi oficialmente lanzada os medios por ERT o 6 de febreiro de 2008. A canción foi a opción de Kalomoira para o concurso onde se elixía a representante de Grecia no Festival de Eurovisión 2008. Ela competiu con Chrispa e Kostas Martakis polo posto. A decisión final foi feita o 27 de febreiro de 2008 – Kalomoira gañou, e despois competiu na semifinal do festival o 20 de maio de 2008 representando a Grecia na final o 24 de maio en Belgrado, Serbia. A súa actuación foi a 21 de 25. A súa canción e a de Kostas Martakis foron filtradas en Internet o 3 de febreiro, tres días antes do lanzamento oficial, aínda que as versións filtradas eran pouco máis que demos. A canción foi lanzada para a descarga dixital o 12 de febreiro de 2008 e en CD o 28 de marzo de 2008. Kalomoira comezou cos seus plans de gravar unha versión en grego de "Secret Combination" despois do concurso. Foi a canción con máis éxito de Eurovisión 2008 en termos de descargas e en posición nas listas de vendas.

Lista de temas editar

# Título Duración
1. "Secret Combination" (Eurovision 2008 Mix) 3:00
2. "Secret Combination" (Mystic Soumka Mix) 4:06
3. "Secret Combination" (Electropop Mix) 3:33
4. "Secret Combination" (Backing Track Mix) 3:00

Posición nas listas editar

País Máxima
Posición
Máxima
Posición{digital}
Bélxica (Ultratip) [1] 18 1
Canadá [2] 331 7
Chipre [3] 1 1
Dinamarca [4] 29 1
Europa (Top 100 oficial) [5] 67 1
Finlandia [6] 29 1
Grecia [7] 1 1
Irlanda [8] 46 1
Suecia [9] 38 1
Turquía [10] 18 1
Reino Unido [11] 71 1
Alemaña [11] - 1
Francia [11] - 3
España [11] - 9
Australia [11] - 2

Notas editar

  1. 30 ULTRATIP
  2. Canada - Top 40
  3. "Cypriot Airplay Charts". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2008. Consultado o 31 de decembro de 2008. 
  4. "Danish Top 40". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2016. Consultado o 31 de decembro de 2008. 
  5. Secret Combination top40-charts.com
  6. "Kalomira Latauslista Official Finnish Download Chart". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2009. Consultado o 31 de decembro de 2008. 
  7. Greek Top 50 Singles Arquivado 03 de agosto de 2004 en Wayback Machine. IFPI.
  8. "Irish Top 50". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2009. Consultado o 31 de decembro de 2008. 
  9. Sweden Top 60 Singles
  10. Billboard Türkiye Top 20 Arquivado 30 de marzo de 2008 en Wayback Machine. Acceso 12 de abril, 2008
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 "UK Charts". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2008. Consultado o 31 de decembro de 2008.