Secret Combination the Album

Secret Combination the Album é o cuarto álbum da popular cantante greco-estadounidense Kalomoira, lanzado o mercado en Grecia e Chipre o 26 de maio do ano 2008 baixo o selo Heaven Music[1]. O álbum contén 12 cancións compostas por Konstantinos Pantzis, Taos Vougiatzis e Sunny X.[1][2]

Secret Combination the Album
Álbum de Kalomoira
Gravación2008
Duración43 min 35 s
Xénero(s)Pop
Selo(s)Heaven Music
Producido porKonstantinos Pantzis,
Sunny X,
Taos Vougiatzis,
Poseidonas Giannopoulos,
Eftihia Sideri,
Marc Eastmont,
Nektarios Tirakis e
Master Tempo
Cronoloxía
I Kalomoira Paei Cinema Secret Combination the Album

Produtores e colaboradores editar

Kalomoira colaborou con moitos produtores populares e prestixiosos. Os escritores e compositores que participaron na produción do álbum son Konstantinos Pantzis, Sunny X, Taos Vougiatzis, Poseidonas Giannopoulos, Eftihia Sideri, Marc Eastmont, Nektarios Tirakis e Master Tempo que remesturou a canción "Secret Combination".

Promoción editar

Kalomoira lanzou o seu cuarto álbum de estudio despois de conseguir a terceira praza no Festival da Canción de Eurovisión 2008. Tiña planeado comezar unha grande promoción do álbum, pero o 2 de xuño de 2008, cando Kalomoira supostamente ía ser a invitada nun popular programa das mañás en Grecia, tivo que pospoñer a súa aparición debido a que tivo que voar a cidade de Nova York inmediatamente debido ó embarazo da súa irma. O 4 de xuño de 2008, Rythmos FM tiña preparada unha festa onde Kalomoira cantaría tódalas súas novas cancións pero tamén tivo que pospoñerse debido a que estaba fora do país.[3]

Lista de cancións editar

# Título Duración
1. "Secret Combination" 3:03
2. "Sto Diko Mou Rythmo" 3:29
3. "All That I Need" 3:47
4. "Fall to You" 4:41
5. "S'Agapo" 3:14
6. "Kathe Fora" 3:41
7. "Money Ain't The Key" (feat. Lisa Lee) 4:16
8. "Iparhoun Ores" (feat. Peter_D from Master Tempo) 3:41
9. "Sto Eipa Hilies Fores" 3:07
10. "Sto Eipa Hilies Fores" 3:38
11. "Hot" 3:10
12. "Secret Combination" (Master Tempo Mix) 3:53

Notas editar