Secret Combination (sinxelo)
«Secret Combination» | ||
---|---|---|
sinxelo de Kalomoira | ||
do álbum 'Secret Combination the Album' | ||
Lanzamento | 6 de febreiro do 2008 | |
Formato | {{{formato}}} | |
Gravada | 2008 | |
Xénero musical | Pop | |
Lingua(s) | {{{lingua}}} | |
Duración | ||
Discográfica | Heaven Music | |
Produtor(es) | Poseidonas Giannopoulos, Konstadinos Pantzis | |
Escritor(es) | Poseidonas Giannopoulos, Konstadinos Pantzis | |
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
Secret Combination é un sinxelo do cuarto álbum da popular cantante greco-estadounidense Kalomoira, lanzado ao mercado en Grecia e Chipre o 6 de febreiro do ano 2008 baixo o selo Heaven Music. Coa canción deste single, a cantante obtivo a terceira praza na final do Festival de Eurovisión dese mesmo ano, rematando por detrás de Rusia e Ucraína, aínda que comezou liderando a votación. Dende o concurso, a canción converteuse nun éxito en Europa alcanzando a primeira posición en Grecia e Chipre, e entrando nos Top 40 en Turquía, Irlanda, Lituania, Reino Unido e incluso Canadá.
Información
editarFoi oficialmente lanzada os medios por ERT o 6 de febreiro de 2008. A canción foi a opción de Kalomoira para o concurso onde se elixía a representante de Grecia no Festival de Eurovisión 2008. Ela competiu con Chrispa e Kostas Martakis polo posto. A decisión final foi feita o 27 de febreiro de 2008 – Kalomoira gañou, e despois competiu na semifinal do festival o 20 de maio de 2008 representando a Grecia na final o 24 de maio en Belgrado, Serbia. A súa actuación foi a 21 de 25. A súa canción e a de Kostas Martakis foron filtradas en Internet o 3 de febreiro, tres días antes do lanzamento oficial, aínda que as versións filtradas eran pouco máis que demos. A canción foi lanzada para a descarga dixital o 12 de febreiro de 2008 e en CD o 28 de marzo de 2008. Kalomoira comezou cos seus plans de gravar unha versión en grego de "Secret Combination" despois do concurso. Foi a canción con máis éxito de Eurovisión 2008 en termos de descargas e en posición nas listas de vendas.
Lista de temas
editar# | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Secret Combination" (Eurovision 2008 Mix) | 3:00 |
2. | "Secret Combination" (Mystic Soumka Mix) | 4:06 |
3. | "Secret Combination" (Electropop Mix) | 3:33 |
4. | "Secret Combination" (Backing Track Mix) | 3:00 |
Posición nas listas
editarPaís | Máxima Posición |
Máxima Posición{digital} |
---|---|---|
Bélxica (Ultratip) [1] | 18 | 1 |
Canadá [2] | 331 | 7 |
Chipre [3] | 1 | 1 |
Dinamarca [4] | 29 | 1 |
Europa (Top 100 oficial) [5] | 67 | 1 |
Finlandia [6] | 29 | 1 |
Grecia [7] | 1 | 1 |
Irlanda [8] | 46 | 1 |
Suecia [9] | 38 | 1 |
Turquía [10] | 18 | 1 |
Reino Unido [11] | 71 | 1 |
Alemaña [11] | - | 1 |
Francia [11] | - | 3 |
España [11] | - | 9 |
Australia [11] | - | 2 |
Notas
editar- ↑ 30 ULTRATIP
- ↑ Canada - Top 40
- ↑ "Cypriot Airplay Charts". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2008. Consultado o 31 de decembro de 2008.
- ↑ "Danish Top 40". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2016. Consultado o 31 de decembro de 2008.
- ↑ Secret Combination top40-charts.com
- ↑ "Kalomira Latauslista Official Finnish Download Chart". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2009. Consultado o 31 de decembro de 2008.
- ↑ Greek Top 50 Singles Arquivado 03 de agosto de 2004 en Wayback Machine. IFPI.
- ↑ "Irish Top 50". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2009. Consultado o 31 de decembro de 2008.
- ↑ Sweden Top 60 Singles
- ↑ Billboard Türkiye Top 20 Arquivado 30 de marzo de 2008 en Wayback Machine. Acceso 12 de abril, 2008
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 "UK Charts". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2008. Consultado o 31 de decembro de 2008.