Sebastiano Satta, nado en Nuoro o 21 de maio de 1867 e finado na mesma cidade o 29 de novembro de 1914, foi un poeta, avogado e xornalista sardo.

Infotaula de personaSebastiano Satta

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de maio de 1867 Editar o valor em Wikidata
Nuoro Editar o valor em Wikidata
Mortenovembro de 1914 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Nuoro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Sassari (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , xornalista , escritor , avogado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana e Lingua sarda Editar o valor em Wikidata
Sebastiano Satta, ás esquerda, co escultor Francesco Ciusa

Traxectoria editar

Fillo do avogado Antonio Satta e de Raimonda Gungui, quedou orfo de pai cando tiña cinco anos. Graduouse en dereito en Sassari en 1894, e exerceu como avogado penalista en Nuoro. Poeta en lingua sarda e italiana, foi un dos animadores da vida cultural nuoresa de entre séculos. En publicou 1893 Versi ribelli, escolma de poesías compostas en Boloña mentres facía o servizo militar, moi influenciados pola obra de Giosuè Carducci. Fundou en 1892 con Gastone Chiese L'Isola en 1892[1], do que foi director[2]. Seguiu a colaborar en revistas literarias con versos, incrementando a súa produción por mor dunha parálise que sufriu en 1908 e que lle impediu seguir a traballar como avogado. De ideas socialistas foi concelleiro de Nuoro entre 1902 e 1903[3].

A súa poesía é rica de ideais humanitarios[4], inspirada na realidade sarda do seu tempo vista con ollos críticos.

Obra editar

  • Versi ribelli, 1893.
  • Nella terra dei nuraghes, 1893.
  • Primo maggio, 1896
  • Ninnananna di Vindice, 1900
  • Canti barbaricini, 1910.
  • Canti del salto e della tanca, 1924.
  • Canti della culla, 1924.

Notas editar

  1. ""Ricordo del Vate di Sardegna", La Nuova Sardegna, 16 de decembro de 2004". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 21 de agosto de 2016. 
  2. Sebastiano Satta en Autori Sardi
  3. "Progetto 150 anni de unità d'Italia, Istituto Magistrale Sebastiano Satta" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de agosto de 2016. Consultado o 21 de agosto de 2016. 
  4. Sebastiano Satta en treccani.it