O Señor de Sipán foi un antigo gobernante do século III, cuxo dominio abrangeu unha zona do actual Perú.

Historia e características editar

O arqueólogo peruano Walter Alva, canda o seu equipo, descubriu a tumba do Señor de Sipán en 1987. O achado das tumbas reais do Señor de Sipán marcou un importante fito na arqueoloxía do continente americano porque, por vez primeira, foi achado intacto e sen pegadas de saqueos, un enterro real dunha civilización peruana anterior aos incas. O cadaleito de canas en que se achou, foi o primeiro no seu tipo que se atopou en América e revelou a magnificencia e maxestosidade do único gobernante e guerreiro do antigo Perú atopado até a data do seu descubrimento, cuxa vida transcorreu ao redor do ano 250 da era actual.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar