Scolopax minor é unha especie de ave da orde dos caradriformes, suborde dos escolopacios, e subfamilia dos escolopacios, unha das integradas no xénero Scolopax.

Scolopax minor

Scolopax minor no niño
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Subfamilia: Scolopaci
Xénero: Scolopax
Especie: S. minor
Nome binomial
Scolopax minor
Gmelin, 1789
Área de distribución de Scolopax minor Alaranxado: área de reprodución Violeta: residente todo o ano Azul: zona na que non se reproduce
Área de distribución de Scolopax minor
Alaranxado: área de reprodución
Violeta: residente todo o ano
Azul: zona na que non se reproduce

Área de distribución de Scolopax minor
Alaranxado: área de reprodución
Violeta: residente todo o ano
Azul: zona na que non se reproduce
Sinonimia
Véxase o texto

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin.[2][3][4]

Etimoloxías editar

Para a do xénero, ver Scolopax.

O epíteto específico, minor, esta tirado do adxectivo latino minor, -ōris, "menor", "máis pequeno".

Sinónimos editar

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][3]

  • Philohela minor (Gmelin, 1789)
  • Rusticola minor

Hábitat e distribución editar

Scolopax minor habita en áreas boscosas e mixtas forestal-agrícola-urbanas ao leste do Meridiano 98. Véronse espécimes até, polo norte, en Manitoba, e polo leste até o Labrador e Terra Nova.

No inverno migran cara ao sur, até os Estados da costa do golfo de México.

Características editar

 
Dous espécimes en Rhode Island

Esta especie norteamericana ten un corpo repoludo, as patas curtas, a cabeza grande e arredondada e un pico prénsil, longo e recto. Os adultos miden de 25 a 30 cm de longo e pesan de 140 a 230 g.[5]

As femias son considerabelmente máis grandes que os machos.[6]

O pico ten unha lonxitude de 6,4 a 7,0 cm.[7]

A envergadura alar oscila entre os 42 e os 48 cm.[8]

Estado de conservación editar

Esta especie ten unha área de distribución extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución. A pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tendencia da poboación (descenso > 30 % en dez anos ou tres xeracións). O tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da poboación (<10.000 individuos maduros cun descenso continuo estimado en >10% en dez anos ou tres xeracións) . Por estes motivos a especie é avaliada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais como LC (pouco preocupante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2019): Scolopax minor na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 15 de setembro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Scolopax minor Gmelin, 1789 no WoRMS. Consultado o 15 de setembro de 2022.
  3. 3,0 3,1 Scolopax minor Gmelin, 1789 no GBIF. Consultado o 15 de setembro de 2022.
  4. Scolopax minor J. F. Gmelin, 1789 na BioLib. Consultada o 15 de setembro de 2022.
  5. Smith, Christopher (2000): Field Guide to Upland Birds and Waterfowl. Wilderness Adventures Press. ISBN 1-8851-0620-3, pp. 28–29.
  6. Keppie, D. M. & R. M. Whiting, Jr. (1994): "American Woodcock (Scolopax minor)" en The Birds of North America. Nº 100. A. Poole and F. Gill, Eds. Philadelphia: The Academy of Natural Sciences; Washington, D.C.: The American Ornithologists' Union.
  7. Sheldon, William G. (1971): Book of the American Woodcock. University of Massachusetts.
  8. "American Woodcock Identification, All About Birds, Cornell Lab of Ornithology". En allaboutbirds.org.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar