Scatman John

músico estadounidense

John Paul Larkin, nado en El Monte (California) o 13 de marzo de 1942 e finado nos Ánxeles (California) o 3 de decembro de 1999, máis coñecido como Scatman John, foi un famoso scat singer que inventou unha fusión entre o scat singing e a música disco. A súa canción Scatman (Ski-Ba-Bop-Ba-Dop-Bop) (1995) foi un éxito a nivel mundial. Como adoitaba dicir, a súa carreira cara ao éxito foi un proceso de "converter o meu maior problema na miña maior cualidade", pois Scatman John era tatexo.

Infotaula de personaScatman John

Fan art de Scatman John.
Nome orixinal(en) John Paul Larkin Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jonathan Paul Larkin Editar o valor em Wikidata
13 de marzo de 1942 Editar o valor em Wikidata
El Monte, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de decembro de 1999 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
Outros nomesScatman John Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónscat singer (en) Traducir , músico de jazz , compositor , pianista , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de tempoSéculo XX Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor em Wikidata - 1999 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoJazz e House Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoAmerica Records (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1057303 Rottentomatoes: celebrity/scatman_john
Facebook: ScatmanJohnOfficial Twitter: ScatmanJohn12 Instagram: scatmanjohnofficial Youtube: UCrW3wr4Xau3UssnByxsHdCg Spotify: 4omQQTNN7ILiMsSB2k9eqX iTunes: 41785189 Last fm: Scatman+John Musicbrainz: 9904bde1-04a7-41cf-a2a3-d09a42445145 Songkick: 442608 Discogs: 23386 Allmusic: mn0000260809 WikiTree: Larkin-2482 Find a Grave: 5768991 Deezer: 446 Genius: Scatman-john Editar o valor em Wikidata

Recibiu 14 discos de ouro e 18 de platino polos seus álbums e sinxelos. Ademais, recibiu o premio Annie Glenn polo seu servizo á comunidade de tatexos e foi incluído no Salón da Fama da National Stuttering Association.

Scatman John morreu de cancro de pulmón na súa casa dos Ánxeles aos 57 anos de idade.

Traxectoria editar

John Paul Larkin foi tatexo desde que empezou a falar, o que lle produciu unha infancia emocionalmente traumática. Incluso no cumio do seu éxito en 1995, os xornalistas afirmaban que durante as entrevistas "dificilmente terminaba unha frase sen repetir a última sílaba seis ou sete veces". Con 12 anos empezou a ir a clases de piano, e con 14 iniciouse na arte do scat singing mediante gravacións de Ella Fitzgerald e Louis Armstrong entre outros. O piano supuxo para el un medio de expresión artística que compensaba as dificultades ó falar. Recalcou nunha entrevista en 1996 que "tocar o piano supuxo para min unha forma de falar... Escondinme tralo piano porque tiña medo de falar."

Nos anos 70 e 80 converteuse nun pianista profesional de jazz, tocando varias pezas en diversos clubs arredor dos Ánxeles. En 1986 lanzou o seu primeiro álbum, ó que chamou John Larkin coa discográfica Transition label. As copias de dito álbum son hoxe extremadamente raras. Porén, afirmaba ter "miles de elas tiradas no cuarto de baño" da súa casa. Xa daquela o alcoholismo e a drogadicción comezaban a dinamitar a súa vida. Cando o seu amigo o músico Joe Farrell, que tamén tiña problemas coas drogas, morreu en 1987, Larkin decidiu vencer os seus vicios. Conseguiuno tempo despois coa axuda da súa nova muller, Judy. "Tés talento", díxolle ela. "Vou facer algo grande de ti".

En 1990 Larkin trasladouse a Berlín para proseguir coa carreira musical. Continuou tocando como pianista de jazz en clubs por toda Alemaña. Alí foi onde decidiu engadir letra ás súas pezas por primeira vez, inspirado pola ovación que recibiu tras tocar "On the Sunny Side of the Street". Co tempo o seu asistente Manfred Zahringer suxeriulle combinar o scat-singing con música disco e hip hop, unha idea da que Larkin era escéptico pero á que BMG Hamburg era receptiva.

Larkin estaba asustado principalmente de que os oíntes se decataran de que tatexaba, polo que Judy suxeriulle que falara abertamente do tema nas súas cancións. Traballando cos produtores de música dance Ingo Kays e Tony Catania, Larkin gravou o seu primeiro sinxelo Scatman (Ski Ba Bop Ba Dop Bop), unha canción que pretendía animar ós nenos tatexos a superar a adversidade. Larkin adoptou o nome artístico de Scatman John.

En 1995, con 52 anos, converteuse nunha estrela mundial. As vendas do seu sinxelo foron baixas ó principio, pero gradualmente foron aumentando ata acadar o 1º posto na maioría dos países onde foi lanzado, vendendo máis de 6 millóns de copias ó longo de todo o mundo. "Scatman (Ski Ba Bop Ba Dop Bop)" é aínda o seu maior éxito en vendas e a súa mellor canción, permanecendo varias semanas no Top 10 de sinxelos no Reino Unido. Posteriormente continuou co sinxelo "Scatman's World" entrando no Top 10 do Reino Unido con menos éxito có seu primeiro sinxelo, pero vendendo 1 millón de copias e acadando postos elevados en Europa.

Seguindo os éxitos destes dous sinxelos, lanzou o álbum debut Scatman's World. Vendeu 3 millóns de copias e bateu o récord mundial como álbum vendido no maior número de países. Scatman John comezou unha xira de concertos de promoción por Europa e Asia. "Nunha aparición que fixen en España, os mozos berraron durante 5 minutos seguidos, non podía comezar a canción". Durante unha entrevista referida ó novo álbum, Scatman John falou tan fluidamente que un xornalista dixo que non oíra a Larkin tatexar nin unha soa vez e preguntoulle se non estaba usando á comunidade de tatexos como "un medio para continuar coa súa carreira". Scatman ficou sorprendido ó sentir vergoña por primeira vez da súa "facilidade" para falar.

O segundo álbum de Scatman John Everybody Jam! foi lanzado en 1996. Como nunca antes, o sinxelo Everybody Jam! tivo un éxito sen precedentes no Xapón, o país onde el vía o éxito como en ningún outro lugar do mundo. Scatman John foi tan popular no Xapón que as tendas de xoguetes vendían ovellas co seu aspecto, tarxetas telefónicas e incluso latas de Coca Cola. A versión xaponesa de Everybody Jam! incluíu un total de 5 pistas extra, como as cancións "Su Su Super キ・レ・イ" e "Pripri Scat", que foron solicitadas para anuncios de empresas xaponesas de cosméticos e pudding. A franquía de Ultraman chegou a lanzar un sinxelo Scatultraman cunha capa que representaba a Ultraman cun sombreiro e bigote.

En 1999 Scatman John lanzou o terceiro e último álbum Take Your Time. Máis tarde descubriuse que estivera loitando pola súa saúde desde finais de 1998, pero que continuara traballando malia as recomendacións de levar unha vida máis relaxada. Diagnosticóuselle un cancro de pulmón e axiña recibiu tratamento. Mantivo unha actitude positiva, declarando que "o que Deus queira está ben para min... Tiven o mellor na vida. Probei a beleza". John Paul Larkin morría na súa casa dos Ánxeles o 3 de decembro de 1999.

Nunha entrevista en 1996 comentou: "Espero que os nenos, mentres cantan ou bailan as miñas cancións, sintan que a vida non é tan mala como parece. Ó menos por tan só un minuto..."

Discografía editar

Álbums editar

Sinxelos editar

[*] = Lanzamentos exclusivos no Xapón

  • "Scatman (Ski-Ba-Bop-Ba-Dop-Bop)" (1994)
  1. gerardo yeyo (Basic-Radio)
  2. Scatman (Jazz-Level)
  3. Scatman (Second-Level)
  4. Scatman (Third-Level)
  5. Scatman (Game-Over-Jazz)
  • "Scatman's World" (1995)
  1. Scatman's World (Single Mix)
  2. Scatman's World (Club Mix)
  3. Scatman's World (House Mix)
  4. Time (Take Your Time)
  • "Song of Scatland" (1995)
  1. Song of Scatland (Single Version)
  2. Song of Scatland (Groove of Scatland)
  3. Hey You (U-Turn)
  4. Song of Scatland (Álbum Version)
  • "Only You" [*] (1995)
  1. Only You
  2. Sing Now!
  3. Song of Scatland (Groove of Scatland)
  4. Scatman's World (Dance Mix)
  • "Scat Paradise" (EP) [*] (1995)
  1. Hey You!
  2. Jazzology
  3. Scatman (Ski-Ba-Bop-Ba-Dop-Bop) (Jazz Level)
  4. Scatman's World (US Remix)
  5. Scatman (Ski-Ba-Bop-Ba-Dop-Bop) (Karaoke)
  6. Scatman's World (Karaoke)
  • "Pripri Scat" (3") [*] (1996)
  1. PriPri Scat (Radio Edit) 3:15
  2. PriPri Scat (Love Together Mix) 5:18
  3. PriPri Scat (Karaoke Mix) 5:18
  4. Scatman's World (Álbum Version) 4:08
  • "Everybody Jam!" (1996)
  1. Everybody Jam! (Single Jam)
  2. Everybody Jam! (Maxi Jam)
  3. Everybody Jam! (Club Jam)
  4. Scatmusic
  • "Su Su Su Super Kirei" [*] (1996)
  1. Su Su Su Super Kirei (Radio Edit)
  2. Su Su Su Super Kirei (All Night Long Version)
  3. Su Su Su Super Kirei (Karaoke Version)
  4. Scatman (Ski-Ba-Bop-Ba-Dop-Bop) (Extended Radio)
  5. Love Me Tender (L.A. Unplugged Mix)
  • "Let It Go" (1997)
  1. Let It Go (Go For Club)
  2. Let It Go (Go For Radio)
  3. Let It Go (Go For More)
  4. Message To You
  • "Scatmambo" (1998)
  1. Scatmambo (Commercial Radio Mix)
  2. Scatmambo (Punching Radio Mix)
  3. Scatmambo (Punching Dancehall Mix)
  4. Scatmambo (Havanna Extended Mix)
  5. Scatmambo (Latin Short Mix)
  • "The Chickadee Song" (1999)
  1. The Chickadee Song(The Álbum Version)
  2. The Chickadee Song (A Little Bit Faster)
  3. Take Your Time (Original Radio Edit)
  4. Take Your Time (Pierre J's Energy Radio Version)
  5. Take Your Time (Pierre J's Energy Club Mix)
  • "I Love Samba" [*] (1999)
  • "Ichi, Ni, San... Go!" [*] (1999)