Satyrium esculi
Satyrium esculi | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Satyrium esculi | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Satyrium esculi é unha especie de insecto lepidóptero da familia Lycaenidae, subfamilia Theclinae e xénero Satyrium.
Denominación
editarSatyrium esculi foi descuberta por Jakob Hübner en 1804.[1]
Sinónimo: Thecla esculi Hübner, 1804.[2]
Descrición
editarÉ unha pequena bolboreta coa parte superior de cor marrón, cunha cola nas ás posteriores, e a femia posúe unha discreta marca cor cobriza nas ás anteriores. Na femia de Satyrium esculi f. powelli e de Satyrium esculi f. ilioides a á anterior é cobre bordeada de marrón e a á posterior posúe unha liña submarxinale de manchas cor laranxa.
Bioloxía
editarAs eirugas son atendidas polas formigas Crematogaster cruentatus[3]
Período de voo e hibernación
editarVoltinismo - Voa nunha xeración entre maio e agosto, dependendo da súa latitude.[4]
Plantas hospedeiras
editarAs súas plantas hóspedes son Quercus (Quercus ilex e Quercus coccifera).[5]
Ecoloxía e distribución
editarEstá presente en África do Norte (Tunes, Alxeria e Marrocos), na Península Ibérica, no sur de Francia e nas illas Baleares, en Eivisa e Mallorca.[4]
Biotopo
editarÉ un lepidóptero que habita entre maleza con flores e bosques caducifolios ou mixtos.
Notas
editar- ↑ http://www.pyrgus.de/Satyrium_esculi_en.html Satyrium esculi
- ↑ (en inglés) funet
- ↑ http://www.faunaeur.org/full_results.php?id=441172 Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Datos taxonómicos
- ↑ 4,0 4,1 ISBN 978-2-603-01649-7
- ↑ Guía de las mariposas de Europa y de África de Norte, Delachaux y Niestlé, Tom Tolman, Richard Lewington, ISBN 978-2-603-01649-7 - páxinas 68-69.