Jacob Hübner

entomólogo alemán (1761–1826)

Jacob Hübner, nado en Augsburgo o 20 de xuño de 1761 e finado na mesma cidade o 13 de setembro de 1826, foi un entomólogo alemán.

Jacob Hübner
Nacemento20 de xuño de 1761
Lugar de nacementoAugsburgo, Sacro Imperio Romano Xermánico
Falecemento13 de setembro de 1826
Lugar de falecementoAugsburgo, Reino de Baviera
Nacionalidadealemá
Ocupaciónentomólogo
Linguaalemán, latín
Coñecido porA súa colección de bolboretas europeas
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Jacob Hübner foi un dos fundadores do estudo da entomoloxía, e un dos primeiros especialistas de Europa dos lepidópteros. Foi o autor, entre outras obras, de Sammlung Europäischer Schmetterlinge (Colección de bolboretas europeas) (1796-1805), na que describiu un gran número de novas especies.

Ademais, foi deseñador e gravador e, desde 1786, traballou durante tres anos como deseñador e gravador nunha fábrica de algodón en Ucraína. Alí recolleu bolboretas e avelaíñas incluíndo descricións e ilustracións dalgunhas en Beiträge zur Geschichte der Schmetterlinge (1786-1790) xunto con outras novas especies do campo da súa casa en Augsburgo.

A obra mestra de Hübner Tentamen pretendía ser un documento de discusión. Publicado sen querer, provocou unha confusión posterior na clasificación. As súas publicacións foron emitidas, algunhas despois da súa morte, moitas veces sen datas de publicación asociadas. Arthur Francis Hemming, secretario da Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, resumiu todas as citas dos nomes taxonómicos propostos por Hübner, restrinxindo así as posíbeis datas de publicación que levaron á aceptación das obras de Hübner como publicacións taxonómicas válidas.

Obras editar

  • Sammlung auserlesener Vögel und Schmetterlinge, mit ihren Namen herausgegeben auf hundert nach der Natur ausgemalten Kupfern (1793).
  • Sammlung europäischer Schmetterlinge (1796-1805).
  • Beiträge zur Geschichte der Schmetterlinge (1786 e 1790)
  • Sammlung exotischer Schmetterlinge, 2 vols. (1806-1834) (con Carl Geyer e Gottlieb August Wilhelm Herrich-Schäffer).
  • Geschichte europaischer schmetterlinge (1806-1824).
  • Tentamen determinsationis, digestionis atque demonationis singularum stirpium Lepidopterorum, peritis anuncio inspiciendum et dijudicandum communicatum (1806).
  • Systematisch-alphabetisches Verzeichnis aller Bisher bey den Fürbildungen zur Sammlung europäischer Schmetterlinge angegebenen Gattungsbenennungen (1822).

Abreviatura editar

A abreviatura Hübner emprégase para recoñecer a Jacob Hübner como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hemming, F. (1937): A bibliographical and systematic account of the entomological works of Jacob Hübner. Londres, 2 vols.

Ligazóns externas editar