Saturnino Piñeiro
agrarista e xornalista galego
Saturnino Piñeiro Groba, nado en Cristiñade (Ponteareas) e finado en Vigo o 18 de maio de 1965,[1] foi un agrarista e xornalista galego
Saturnino Piñeiro | |
---|---|
Lugar de nacemento | Cristiñade |
Falecemento | 18 de maio de 1965 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Irmáns | Manuel Piñeiro Groba e Mariano Piñeiro Groba |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Emigrou á Arxentina e instalouse en General La Madrid. Foi redactor do periódico El Lamatritense.[2] Retornou a Ponteareas en 1916. Foi secretario da Federación Agraria do Partido de Ponteareas e dirixiu o periódico El Tea. Colaborou en textos co produtor de cine Xosé Gil. Directivo da Federación Provincial Agraria de Pontevedra, en abril de 1936 foi nomeado secretario do seu Consello directivo. Foi presidente da Liga de Inquilinos y Vecinos de Vigo. Nos anos 50 foi vocal do Consello de Goberno da Caixa de Aforros Municipal de Vigo.