Manuel Piñeiro Groba

mestre, agrarista e xornalista galego

Manuel Piñeiro Groba, nado en Cristiñade (Ponteareas) o 1 de xaneiro de 1890, foi un mestre, agrarista e xornalista galego.

Manuel Piñeiro Groba
Nome completoManuel Piñeiro Groba
Nacemento1 de xaneiro de 1890
Lugar de nacementoCristiñade
Falecementovalor descoñecido
Lugar de falecementovalor descoñecido
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e xornalista
IrmánsMariano Piñeiro Groba e Saturnino Piñeiro
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Estudou no Porriño, ao lado do seu irmán o sacerdote Mariano Piñeiro Groba. En 1905 comezou a estudar Maxisterio en Ponteareas. Aprobou a carreira en 1907 e ao ano seguinte comezou a exercer de mestre en Trabadelo. Dirixiu o xornal El Tea de 1927 a 1936. Foi concelleiro de Ponteareas, e mestre na escola Antorcha de Cristiñade. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu expediente de depuración e foi suspendido de emprego e soldo. Na década de 1960 foi presidente da Cooperativa del Campo San Miguel de Ponteareas.[1]

Recoñecementos Editar

  • Medalla da Cooperación Agraria Española (1978).
  • Foi nomeado fillo predilecto de Ponteareas en 1982.[2]

Vida persoal Editar

Casou con Inocencia Iglesias Barcia.[3]

Notas Editar

  1. El Pueblo Gallego, 7-9-1968, p. 12.
  2. La Voz de Galicia, Pontevedra, 25-11-1982, p. 33.
  3. El Pueblo Gallego, 12 de agosto de 1967, p. 14.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar