Satur Grech

(Redirección desde «Saturnino Grech Pomares»)

Saturnino Grech Pomares, máis coñecido como Satur Grech, nado en Alacante o 6 de xuño de 1914 e finado en Palma o 31 de xullo de 2001, foi un futbolista e adestrador español.

Satur Grech
Información persoal
Nome Saturnino Grech Pomares
Nacemento 6 de xuño de 1914
Lugar de nacemento Alacant
Falecemento 31 de xullo de 2001
Lugar de falecemento Palma
Posición dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1934–1935 Poble Nou
1935–1936 Murcia
1936–1937 UE de Sants
1938–1939 Espanyol
1939–1941 Sabadell 48 (11)
1941–1942 Cartagena 13 (2)
1942–1947 Mallorca 59 (8)
1947–1949 Arenas
1949 Constància
Adestrador
1949 Constància
1949–1951 Mallorca
1951–1954 Mallorca
1954–1957 Las Palmas
1957 Sevilla
1960–1961 Hércules
1961–1962 Mallorca
1962 Atlético Baleares
1963 Cartagena
1964–1965 Tenerife
1965–1968 Racing de Ferrol
1968–1969 Lleida
1969 Compostela
1971 Racing de Ferrol
1971 Lleida
1974–1976 Constància
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira como futbolista no Poble Nou de Barcelona, pasando despois polo Murcia, a UE de Sants, o Espanyol, o Sabadell e o Cartagena. En 1942 fichou polo Mallorca, onde militou durante varias tempadas, antes de pasar ao Arenas de Zaragoza e ao Constància, onde colgou as botas en 1949.

Iniciou a súa carreira como adestrador no propio Constància, pasando logo polo Mallorca en dúas etapas. En xaneiro de 1954 colleu as rendas da UD Las Palmas, coa que conseguiu o ascenso á primeira división por segunda vez na historia do club.[1] Continuou durante tres tempadas máis no equipo canario, conseguindo sempre a permanencia.

En 1957 chegou ao Sevilla, ao que dirixiu en varios partidos da Copa de Europa, e máis tarde pasou polos bancos de Hércules, Mallorca, Atlético Baleares, Cartagena e Tenerife. En 1965 converteuse no novo adestrador do Racing de Ferrol,[2] co que se proclamou campión da Terceira División e logrou o ascenso á Segunda despois de varios anos de ausencia. Estivo á fronte do equipo durante dúas tempadas máis, e tras pasar polo Lleida e o Compostela,[3][4] regresou ao Racing para a tempada 1971/72, pero foi destituído despois de só oito partidos, cun balance dun empate e sete derrotas. Por último adestrou de novo o Constància antes de retirarse.

Notas editar

  1. "U.D. Las Palmas. Historia" (en castelán). Consultado o 17 de febreiro de 2022. 
  2. "Satur Grech, nuevo entrenador del Club". El Pueblo Gallego (en castelán). 11 de xullo de 1965. p. 13. Consultado o 17 de febreiro de 2022. 
  3. "Juncosa, del Lérida, primer entrenador cesante". El Pueblo Gallego (en castelán). 3 de outubro de 1968. p. 16. Consultado o 17 de febreiro de 2022. 
  4. "Firmo Satur Grech". El Pueblo Gallego (en castelán). 31 de maio de 1969. p. 13. Consultado o 17 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar