Abrótano femia

especie botánica
(Redirección desde «Santolina chamaecyparissus»)
Abrótano femia

Mato de herba da loba
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Anthemideae
Subtribo: Santolininae
Xénero: Santolina
Especie: Santolina chamaecyparissus
L.

O abrótano femia, herba da loba ou santolina [1] (Santolina chamaecyparissus) é unha especie de planta herbácea ou gamallo, pertencente á familia das Asteráceas, de talo erecto e magro, moi ramificado, follas estreitas e lineares de cor verde agrisada e flores amarelas en capítulos, moi aromáticas, da que se utilizan principalmente as flores en infusión[2]. Ademais das propiedades medicinais, cultívase en Galiza coma ornamental.

Vista da planta
Detalle da flor
Vista da planta

Descrición editar

Posúe numerosos talos delgados sobre o que medran follas de cor verde cinsenta, estreitas, lineais, divididas, carnosas e recendentes. Botan un intenso cheiro aromático que lembra ao da macela, aínda que un chisco desagradábel. No alto agroman unhas testiñas hemisféricas con flores tubulosas de cor amarela. A súa altura pode oscilar entre os 20 e 70 cm. O seu froito é cuadrangular.

Hábitat editar

Planta de clima mediterráneo, orixinaria do sur de Europa, atopándose tamén no norte de África e en América do Norte. Medra en outeiros e ladeiras arxilosas ou pedrentas. En Galiza non é común atopala brava, agás nas zonas de clima de influencia mediterránea.

Propiedades editar

Taxonomía editar

Santolina chamaecyparissus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 842. 1753.[4]

Etimoloxía

Santolina: nome xenérico que deriva do latín sanctus = "sagrado" e linum = "liño", baseada nun antigo nome dunha especie deste xénero.[5]

chamaecyparissus: nome xenérico en latín derivado do grego χαμαικυπάρισσος ("alcipreste do chan"), e xa usado na antiga Roma para nomear a especie.[6] Este nome designa tamén ao Chamaecyparis, un xénero de Cupressaceae.

Sinonimia
  • Santolina chamaecyparissus subsp. chamaecyparissus
  • Santolina chamaecyparissus subsp. insularis (Gennari ex Fiori) Yeo
  • Santolina chamaecyparissus subsp. pecten Rouy
  • Santolina chamaecyparissus subsp. squarrosa (DC.) Nyman
  • Santolina chamaecyparissus subsp. tomentosa (Pers.) Arcang.
  • Santolina chamaecyparissus var. insularis Gennari ex Fiori
  • Santolina pectinata Benth., non Lag.
  • Santolina pinnata Viv[7].
  • Abrotanum foemina Garsault
  • Santolina marchii Arrigoni[8]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. Nomes vulgares galegos en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 e Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991
  2. Definición en Dicionario de alimentación e restauración VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. Dr. Berdonces I Serra (1998). "Santolina chamaecyparissus". Gran Enciclopedia de las Plantas Medicinales (1ª ed.). Tikal ediciones. pp. 43–44. ISBN 84-305-8496-X. 
  4. "Abrótano femia". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 7 de novembro de 2013. 
  5. En Nombres Botánicos
  6. Plinio el Viejo, Historia naturalis 24, 136.
  7. Sinónimos en Real Jardín Botánico Arquivado 11 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
  8. Santolina chamaecyparissus en PlantList