Santianes de Pravia

Santianes é unha parroquia e lugar do concello de Pravia, no Principado de Asturias. Abrangue unha poboación de 172 habitantes (INE 2021) e ocupa unha extensión de 14,16 km².[1]

Modelo:Xeografía políticaSantianes de Pravia
Imaxe

Localización
Mapa
 43°30′08″N 6°05′59″O / 43.50233, -6.09961Coordenadas: 43°30′08″N 6°05′59″O / 43.50233, -6.09961
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias
ConcelloPravia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación541 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Bañado porRío Nalón Editar o valor em Wikidata
Altitude55 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
Código INE33051120000 Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Situada na zona nordés do concello, limita ao norte coas parroquias de Somado e de Muros (esta última no concello homónimo), ao leste con Sotu'l Barcu, ao sueste coa de Riberas, no concello anterior; ao sur con Fenoyeda (Candamu) e Pronga, ao suroeste coa de Pravia e ao oeste coas de Escureu e Villafría.[2]

Ademais, os núcleos de Santianes, Bances e Los Cabos, constituíronse como parroquias rurais conforme o artigo 6 do Estatuto de Autonomía de Asturias, desenvolvido na Lei 11/1986, de 20 de novembro.[3][1].

Historia editar

O nome Santianes deriva do latín Sancti Ioannis (San Xoán), a quen se lle dedica o templo prerrománico da localidade. Unha das teorías está vencellada co nacemento de Pravia, a Flavium Avia romana. Nos arredores de Pravia e Santianes consérvase unha vila romana en La Magdalena de la Llera e o ronsel dun personaxe togado en Los Cabos. Atopáronse moedas romanas e outros obxectos na contorna do castro de Doña Palla.

Patrimonio editar

 
Igrexa prerrománica de Santianes.
 
Museo de Santianes.

Amais de destacaren os hórreos e paneiras asturianos de madeira de castiñeiro, outros lugares de interese son:

  • A Igrexa de San Xoán, prerrománica, construída no século VIII durante o reinado de Silo. Este e a súa esposa, a raíña Adosinda, fixeron de Santianes a capital do reino asturiano.


Notas editar

  1. 1,0 1,1 Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales. Instituto Nacional de Estadística.
  2. Gobierno del Principado de Asturias. "Sistema de información territorial del Principado de Asturias". Arquivado dende o orixinal o 2 de setembro de 2011. Consultado o 11 de setembro de 2011. 
  3. Información relativa a las parroquias rurales constituidas en Asturias. Gobierno del Principado de Asturias.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar